Institución teatral creada en 1984, que se dedica á produción e a promoción de obras teatrais en galego, contribuíndo á normalización e regularización desta lingua tanto no ámbito teatral como no audiovisual. Desde a súa fundación, estreáronse ao redor de 70 producións, desempeñando un papel importante no desenvolvemento e a consolidación do teatro en Galicia.
A súa primeira presentación oficial tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos. Durante a súa historia, tivo sete directores ata 1991, experimentando un período inestable e dícil de darlle continuidade. Desde 1991 ata 2012, houbo tres direccións distintas que afectaron a xestión da institución.
Nome: Centro Dramático Galego
Sigla: CDG
Área de actividade: Centro artístico
Datas: 1984
Fundador: Xunta de Galicia
Sede: Salón Teatro
Dirección: Rúa Nova, 34, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52'42"N, 8°32'38"O
Páxina Web: http://centrodramatico.xunta.gal/cdg
Entidade Superior: AGADIC
Subordinado á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), é unha compañía teatral que ten como sede administrativa o Salón Teatro. Neste espazo, levan a cabo todas as presentacións teatrais, cunha media de tres producións por tempadas que abarcan diferentes enfoques, desde a presenza de dramaturgos galegos contemporáneos ata a incorporación de grandes nomes da literatura dramática universal na escena galega. Ademais, tamén se dedica á promoción do teatro infantil e á recuperación de autores galegos fundamentais, entre outros fins. Tamén realiza diversas actividades formativas, públicas, manuais e pedagóxicas destinadas a achegar o teatro ao sector escolar e á sociedade galega en xeral.
En canto ao funcionamento do espazo, cada produción conta cun director de escena convidado, un elenco interpretativo e un equipo artístico que se adapta ás necesidades de cada produción. Ademais, dispón dun equipo técnico proporcionado polas AGADIC, encargado de talleres, sons, vestiarios, iluminación, maquillaxe, entre outros aspectos.
2. Unha reresentación do Centro Dramático Galego en 2007 de A Piragua, de Cándido Pazó
Bibliografía:
Agencia EFE. (18 de marzo de 2014). El Centro Dramático Galego se acerca por primera vez a la literatura norteamericana. La Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/03/18/centro-dramatico-galego-acerca-primera-vez-30-anos-literatura-norteamericana/00031395162038306734596.htm
Centro Dramático Gallego. (s.d.). Creación e historia. Recuperado o 6 de febreiro de 2024 de http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/interior.php?txt=cdg_creacion
Centro Dramático Gallego. (s.d.). Liñas e obxectivos. Recuperado o 6 de febreiro de 2024 de http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/interior.php?txt=cdg_linas