Centro de Estudos Avanzados         (CEA)

O edificio do Centro de Estudos Avanzados (CEA) atópase situada no Parque de Vista Alegre, formando parte dun conxunto doutras edificacións. A súa creación xorde co propósito de establecer un espazo de intercambio de métodos e proxectos entre investigadores, coa intención de fortalecer o equipo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e colaborar con profesores e investigadores visitantes.

Nome: Centro de Estudos Avanzados  

Sigla: CEA 

Tipo: Centro de estudos

Datas (Fundación): 2000

Fundador: César Portela; Arate Isozaki

Sede: Santiago de Compostela 

Dirección: 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Coordenadas: 42.886898489735785, -8.546513142329427

Páxina Web: 

Entidade Superior: Universidade de Santiago de Compostela 

O Centro, construído entre os anos 2000 e 2001 por un proxecto elaborado por César Portela e Arate Isozaki, é unha destacada peza dentro do Parque Vista Alegre. A iniciativa desta obra foi promovida polo Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela e a súa  administración está a cargo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa inauguración foi o 12 de novembro de 2001, baixo a dirección inicial de Carlos Acuña Castroviejo.

A estrutura do edificio combina a pedra, o aceiro e vidro como os seus principais materiais de construción, mostrando unha concepción racional no seu deseño. Ademais presenta formas puras, destacando unha caixa de planta cadrada formada no seu interior por dous bloques prismáticos de igual volume, separados entre si por unha fisura luminosa na que se sitúa a escaleira que comunica todas as plantas. 

Ao entrar ao edificio, rompe a forma  cúbica cun dintel sobre o cal se abre unha galería de vidro nunha das súas fachadas. Este elemento non só altera a estética do edificio, senón que tamén permite a entrada de luz natural, que enriquecen os espazos e crean unha atmosfera de misteriosa ingravidez.

Bibliografía:

Imaxes: