A Casa do Matadoiro é un espazo cedido polo Concello de Compostela e xestionado e organizado de forma asemblearia polas persoas e colectivos que habitan nel. Nel pódese dispor de diferentes espazos para realizar multitude de actividades diversas.
Nome: Casa do Matadoiro
Sigla:
Área de actividade: Centro social e cultural
Datas: 2016
Fundador:
Sede: Antiga Casa da Xuventude
Dirección: Praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52′53"N, 8°32′'23"O
Páxina Web: https://axendamatadoirocompostela.wordpress.com/
Entidade Superior:
Está ubicado na antiga Casa da Xuventude, un edificio de 1.600 metros cadrados, convertido en territorio aberto para desenvolver procesos creativos ou sociais e que pretende ser xerador de comunidades produtivas que traballen dun xeito colaborativo e multidisciplinar. O uso do espazo é de balde.
Na Casa do Matadoiro ofrécense diversas actividades de forma gratuíta, por diferentes persoas e colectivos. O edificio ten diferentes salas que se poden solicitar como espazos para actividades diversas, así como espazos comúns accesibles sen reserva para todas as persoas que utilizan a casa, como a cantina, que acolle unha zona de descanso/traballo, unha zona infantil, un computador, unha cociña/comedor e unha terraza interior; e o roupeiro.
En 2020, debido ao Estado de Alarma, o espazo estivo pechado. Pero após a desescalada non se permitiu aos colectivos que o usaban retomar a súa actividade normal, co pretexto de que se ía aproveitar o parón para realizar obras de acondicionamento do edificio. Actualmente, o centro segue pechado.
Bibliografía:
BNG Santiago. (22 de abril, 2021). O BNG preguntará no Pleno pola habilitación dun espazo alternativo para colectivos que usaban a Casa do Matadoiro. Recuperado o 15 de febreiro de 2024 de https://santiago.bng.gal/articulo/novas/bng-preguntara-pleno-pola-habilitacion-dun-espazo-alternativo-colectivos-usaban-casa-do-matadoiro/20210422152134003175.html
Casa do Matadoiro Compostela. (s.d.). Imos presentarnos... Recuperado o 5 de febreiro de 2024 de https://axendamatadoirocompostela.wordpress.com/
Compostela Verde. (s.d.). Casa do Matadoiro. Recuperado o 15 de febreiro de 2024 de https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/places/matadoiro-compostela/
Imaxes:
CLC, Casa do Matadoiro, CC BY-NC 4.0