Escola de Música aCentral Folque 

aCentral Folque aparece como unha institución musical  co propósito de preservar e difundir o legado da música popular galega, adoptando un enfoque aberto, global e contemporáneo e orientando o seu plan de estudos cara á profesionalización dos estudantes. 

Nome: aCentral Folque 

Sigla:

Tipo: Escola musical 

Datas (Fundación): 2000

Fundador: 

Sede: Santiago de Compostela 

Dirección: Rúa dos Salgueiriños de Abaixo, 11, L-6, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña

Coordenadas: 42.89338727361015, -8.5308093

Páxina Web: http://www.folque.com/01.140415wp/  

Entidade Superior: 

Historia 

As súas raíces remóntanse ao Conservatorio de Música Tradicional e Folque establecido no ano 2000, que se consolidou como un referente nacional e internacional, atraendo a alumnos tanto locais como estranxeiros. A pesar da falta dunha titulación oficial en Galicia para esta disciplina, converteuse nun espazo pioneiro na renovación pedagóxica das prácticas musicais derivadas da tradición oral galega. 

En 2008, traslada a súa sede a Santiago de Compostela, adoptando o nome de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Este proxecto que tivo como sede a Escola de Altos Estudos Musicais, centrouse na creación dun plan de estudos para a música popular galega, convalidable ás titulacións oficiais do ámbito europeo. Con todo, o camiño da escola viuse interrompida pola perda de apoio económico institucional, levándoa a unha reestruturación entre o 2009 e 2014 e  axustándose ás necesidades dunha formación aberta para o público compostelán. 

En 2015, ábrese baixo o nome xenérico de de aCentral Folque, Escola de Músicas Populares e Avanzadas e en 2018, simplificaron o nome a Escola de Música d’aCentral Folque.

Ensino

Está composta por distinguidos músicos profesionais no ámbito da música popular galega, establecendo relacións e proxectos de colaboración con institucións similares como CAT (Cataluña), Instituto Superior de Arte (Cuba), entre outros, converténdose non só un centro de estudo, senón tamén nun espazo de interacción social e profesional para calquera persoa interesada na música galega.

Ofrece actividades complementarias durante a formación, como cursos intensivos, producións discográficas e escénicas, así como a valorización do patrimonio inmaterial, entre outros. A formación baséase en diferentes campos: linguaxe musical, instrumentalización, historia, interpretación colectiva (combos), técnicas vocais modernas etc. 

Ademais, colabora con institucións  públicas e privadas na realización de series temáticas de concertos, producindo edicións discográficas e audiovisuais exclusivas baixo a colección “Chave Mestra” de libros + CD, así como organizando actividades que integran a dimensión pedagóxica e escénica nos encontros Internacionais, apostando pola descentralización xeográfica. 

A  estrutura da escola componse de tres tipos de aulas: 

Aulas individuais especializadas en diversos instrumentos e técnicas, as cales están abertas a todo tipo de persoas interesadas na música popular galega, independentemente do seu nivel de coñecementos musicais. Estas inclúen clases de zanfoña, violín, canto, frautas e percusión.

Aulas colectivas que abarcan diferentes disciplinas  relacionadas coa música popular contemporánea en Galicia. Entre elas atópanse as clases de gaitas, baile, regueifa e improvisación oral, así como o estudo da linguaxe musical mediante o método Kodály,  clases de canto acompañado de pandeireta e harmonía na música popular.

Curso Maxistral aCF, un programa estruturado en dous anos dirixido a aqueles que se están iniciando na música popular galega. Ofrece un estudo exhaustivo do legado musical galego, combinado co ensino de linguaxes e métodos de vangarda. 

Bibliografía:

Imaxes: