A Casa do Rock             (ACDR)

A Casa do Rock é unha empresa de formación  e produción musical, composta por un equipo de 21 profesionais, con 16 profesores especializados en distintas disciplinas como técnica vocal, guitarra, baixo, batería e teatro musical. 

Nome: A Casa do Rock 

Sigla: ACDR 

Tipo: Escola musical 

Datas (Fundación): 2011 

Fundador: Alejandro Melchor; Adrián Hernández

Sede: Santiago de Compostela

Dirección: Av. de Rosalía de Castro, 33, 15701 semisótano, A Coruña

Coordenadas: 42.875234868757, -8.55076234417643

Páxina Web: https://acasadorock.com/  

Entidade Superior:

Inicios

As súas orixes comezan en Teo, ofrecendo os seus servizos a persoas con e sen coñecemento musical. Inicialmente ocupaba unha pequena sala que, co tempo, expandiuse para dar aforo a un crecente número de alumnos. Máis adiante, a sede central desprazaríase a Santiago de Compostela, situándose na rúa de Rosalía de Castro. Ademais de ter un estudo en Teo, conta co patrocinado por Iago Pico e un de Familia. 

Esta empresa ampliou a súa oferta de servizos ao incorporar un estudo de gravación e un selo discográfico, xunto coa opción de alugar salas para ensaiar ou mesmo un equipo de son para concertos. A finais do 2020, abriuse un novo local, ofrecendo aos seus alumnos unha gama de instrumentos e material a prezos reducidos.  

En canto á súa formación, desde o 2013, conta cun método educativo propio, sendo ademais un centro examinador oficial Rock School, cuxo método non só céntrase no ensino teórico, senón tamén profesional. Esta formación non só limítase a mozas senón tamén a adultos, ofrecendo dúas modalidades, a libre -clase particulares- e a modalidade oficial. Esta aprendizaxe complétase con masterclass impartidas por artistas de renome e de talleres e clases innovadoras da man de profesores especializados. 

Actividades

Destácase por organizar festivais e incentivar a formación de bandas, grupos ou combos, ademais de que a súa oferta cultural, combina concertos, sesións de DJ, presentacións dirixidos aos máis pequenos da escola. 

Bibliografía:

Imaxes:


Enlaces a datos e catálogos