Asociación Abeiro

Asociación Abeiro é unha asociación pola protección animal fundada en 2005 en Santiago de Compostela. 

Nome: Asociación Abeiro

Sigla:

Tipo: asociación pola protección animal

Datas (Fundación): 2005

Fundador:

Sede: 

Dirección:

Coordenadas:

Páxina Web: http://asociacionabeiro.org/ 

Entidade Superior:

Castran e controlan colonias de gatos en Santiago de Compostela e arredores, e rescatan cans e gatos da rúa, buscándolles os mellores fogares posíbeis. Traballan con casas de acollida, e en casos excepcionais en residencias, xa que non teñen refuxio propio nin subvencións de ningún tipo. Coa asociación colaboran varias empresas, principalmente clínicas veterinarias. Tamén venden produtos para poderen financiarse, en mercadiños ou na súa tenda solidaria online. Colaboran en diferentes plataformas de defensa animal, como Galicia mellor sen touradas ou a Plataforma pola defensa da fauna salvaxe.

En 2020, ante a baixada de ingresos en moitas casas debido á crise provocada pola Covid-19, a asociación inaugurou un banco de alimentos para animais, para así liberar ás familias con mascotas de parte do gasto que estas supoñen.  

Bibliografía:

Imaxes:


Enlaces a datos e catálogos