Arquivo Histórico Universitario da USC (Ahus)

Pequeno texto introductorio

Nome: Arquivo Histórico Universitario

Sigla: AHUS

Tipo: Arquivos

Datas (Fundación): 1495; 1968

Fundador:

Sede:

Dirección: Rúa das Casas Reais, 5, 15704 Santiago de Compostela

Teléfono: 881812880

Coordenadas: 42°52′56″N 8°32′32″O

Páxina Web: https://www.usc.gal/gl/servizos/arquivo/index.html

Entidade Superior: Universidade de Santiago de Compostela

O Arquivo Universitario da USC( AHUS) está ligado á Universidade dende o ano da súa creación, en 1495. A partir de entón comezou a custodiar documentación que emanaba do Claustro e do Reitor como mostra da súa dobre función directiva e docente.

Ademais, custodia documentación anterior á data fundacional. A súa análise revela un carácter xurídico- económico, pois a maioría son contratos de propiedades e permítenos ver a formación dos patrimonios que por sucesivas transmisións foron a desembocar na Universidade.

Este edificio non foi nomeado Arquivo Histórico Universitario dende a súa creación, senón xa no século XX, en 1968 coa Orde Ministerial( B.O.E. n.º 23 do 25 de novembro).

O Arquivo, sempre baixo a custodia do Secretario, ocupaba un lugar apropiado na Sancristía do Colexio ata 1769, cando foi trasladado.

Xa no século XIX, coa entrada das tropas francesas, o Arquivo sufriu saqueos que causaron innumerables perdas e deterioro dos documentos. Foi neste período cando se realizaron as reformas dos inventarios e dos índices que chegan a día de hoxe ata nós. É nese edificio onde permaneceu ata o ano 1990 ( no terceiro andar da Facultade de Xeografía e Historia) xa que non reunía as condicións pertinentes para a conservación nin para a consulta dos fondos.

Logo de varias decisións escolleuse o emplazamento actual, un edificio do casco histórico adaptado para este fin.

Composto por 6 plantas, catro delas están dedicadas ao depósito de documentos. As outras reparten as zonas de Exposicións e Consultas, unha delas para a lectura en microfilme. A instalación da documentación está case na súa totalidade en estanterías móviles e o laboratorio de Restauración completamente equipado.

A información que comparte non procede só dun organismo: por un lado posúe o fondo universitario mentres que por outro ten fondos familiares, fundacionais,… O fondo universitario é o máis voluminoso. Dividido en seccións, os seus fondos abarcan dende o século XII ata hoxe.

Polo seu volume e importancia sobresae a Serie de Expedientes Académicos, que datan dende o século XVI ata 1980, data da última incorporación debido á nova estruturación do sistema de Xestión de Alumnos. Comprende ademais documentación dos Órganos de Goberno, Servizos e Facultades.

No tocante ao Sistema e Política Arquivística confórmase por:

· O Arquivo Histórico Universitario que cumple funcións de Arquivo Intermedio e Histórico.

· Os arquivos das dúas unidades de Xestión Académica, froito dunha reorganización no terreo da xestión de alumnas e alumnos, no ano 1993, que deu lugar a que os negociados nas diversas Facultades e Escolas deses fondos académicos se trasladasen a estas novas creadas, o que obrigou a unha nova ubicación e ao Arquivo Histórico incorporáronse os documentos académicos anteriores a 1980 e os novos posteriores.

Este cambio foi aproveitado para ordenar os arquivos que xa existían antes do seu traslado. Así, eliminouse o préstamo de documentación xa que as certificacións son efectuadas polo Secretario Xeral e a Dirección do Arquivo.

Á parte, están os Arquivos de Xestión dos Órganos de Goberno e os Servizos da Universidade, todas elas en contacto constante co Arquivo Histórico.

Para a conservación e a descrición de fondos está en marcha un proxecto adaptado ás novas tecnoloxías, a dixitalización e informatización do Arquivo. Isto é un salto cualitativo pois o acceso será moito mais doado para as investigadoras e investigadores.

Bibliografía:

Imaxes: