Alvarellos Editora

A editorial Alvarellos Editora é unha empresa familiar independente que xurdiu en 1977 en Lugo, trasladando a súa sede a Santiago de Compostela en 2004. O seu obxectivo é adaptarse ás demandas do século XXI, mantendo a súa posición como unha das editoriais máis antigas de Galicia sen perder de vista as súas raíces.

Nome: Alvarellos Editora 

Sigla:

Tipo: Editorial 

Datas (Fundación): 1977

Fundador: Enrique Alvarellos Iglesias; Conchita Casas

Sede: Santiago de Compostela

Dirección: Rúa de Sempre en Galiza, 4, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña

Coordenadas: 42.87024822574292, -8.563307615341147 

Páxina Web:  https://alvarelloseditora.gal/es/ 

Entidade Superior: 

Os seus inicios remóntanse a finais de 1969, cando Enrique Alvarellos Iglesias inaugura unha imprenta reprográfica, antecedente directo da editorial. Nesta etapa,  Alvarellos e Concha Casas -a súa esposa- editaron principalmente  métodos pedagóxicos de ensino e mecanografía. Por esta razón inicialmente o selo chamábase Alvarellos Editora Técnica, coa idea de enfocarse en libros de carácter  pedagóxico. A evolución deste traballo conduciu, en 1977, a fundación de Alverellos  Editora, que nace coa novela Botei corenta anos do fundador. Esta época foi marcada pola transición democrática en Galicia e España, durante a cal Alvarellos estableceu a súa empresa nun contexto onde escaseaban as editoriais en Galicia.

Durante a transición democrática, a editorial, destacou por dar a coñecer a novos escritores da narrativa galega e por recuperar obras galegas dos séculos XVIII e XIX que foran relegadas ao esquecemento. Tamén se iniciou unha colección de ensaios, como a obra Bandas de Música de Galicia, composta por 1000 páxinas e realizada por Enrique Alvarellos Iglesias, a cal foi finalista do Premio á Investigación de Galicia en 1987.

No ámbito das copias ou reproducións  (facsímiles), a empresa comezou a súa actividade coa publicación dos sete tomos da Historia de Galicia de Benito Vicetto, entre outras publicacións facsímiles. A finais dos anos oitenta, iniciouse a Colección Facsímiles do Século XVIII, que inclúe as Obras completas do Cura de Fruíme, entre outros títulos que aínda forman parte do catálogo editorial.

En 2002, a editorial celebrou as súas Vodas de Prata coa publicación do Catálogo de Facsímiles do século XVIII.

Moitos dos libros eran concibidos, maquetados, impresos e distribuídos polo propio editor.

Tras a morte do seu fundador en xuño do 2004, a editorial pasou a mans da segunda xeración de propietarios, sendo o seu fillo  Henrique Alvarellos Casas o director desde o seu falecemento. A actividade editorial desenvólvese desde entón entre Lugo e Santiago. O  catálogo de Alvarellos nos seus primeiros anos é amplísimo, abarcando xéneros como humor, ensaio, poesía e narrativa. Con todo, coa chegada de Henrique Alvarellos Casas, optouse por facer propostas diferentes, abandonando a produción de novela e libro de texto, aínda que este enfoque foi retomado en 2017.

En 2005, a editorial relanzou a súa colección de Facsímiles e puxo en marcha a nova colección Rescate, dedicada á recuperación de textos esquecidos, e en 2008, Marta Pérez Rodríguez sumouse á editorial, desempeñando tarefas de xestión administrativa e contable, así como de revisión e tradución dos textos dos libros. 

Nos últimos anos, foi galardoada con varios premios e distincións, incluído o Premio Manuel Beiras (2016) polo seu defensa da lingua galega, o Irmandade do Libro (en dúas ocasións, 2008 e 2014), outorgado pola Federación de Librerías de Galicia, e o Premio á Edición Histórica (2007). Ademais, varias das súas  publicacións foron recoñecidas  nos Premios da Edición de Galicia ou foron finalistas en diferentes categorías da Gala do Libro Galego.

Bibliografía:

Imaxes: