Agrupación Cultural O Galo 


A Agrupación cultural O Galo é unha asociación fundada en 1961, sendo unha das primeiras establecidas en Galicia. Céntrase en organizar diferentes actividades para o fomento da cultura galega.



Nome: Agrupación cultural O Galo

Sigla:

Tipo: Asociación cultural 

Datas (Fundación): 1961

Fundador: Óscar Fernández Refoxo 

Sede: Santiago de Compostela 

Dirección: Av. de Lugo, 2A, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

Coordenadas: 42.871815853100195, -8.5444666 

Páxina Web: https://acogalo.net/  

Entidade Superior: 

Historia

Na década de 1960 houbo un desenvolvemento de asociacións culturais por toda Galicia, as cales eran movementos cidadáns espontáneos que se opoñían ao réxime establecido cortando as liberdades de Galicia, e con iso a súa cultura. Entre as asociacións destaca a Agrupación cultural O Galo, foirnada por moitos universitarios de diferentes partes de Galicia. Un antecedente desta organización, foron os minervalistas de finais dos anos 50, compostos por distintos intelectuais galegos. No ano 1961 exhibíronse obras de 20 pintores galegos, inaugurada por Vicente Risco nunha conferencia sobre Galicia e a Revolución estética, orixinándose así esta asociación. En 1962, deu o seu seguinte paso co recoñecemento legal.


As actividades que facía a asociación eran de tipo formativo para os socios, que se centraban no ensino da lingua galega - son as segundas das que temos noticias desde que existe o galego- ou nos seminarios sobre un tema relacionado coa cultura galega. Outra das actividades foi a música, tanto no seu parte popular como na moderna. Entre 1963-1969, realizáronse diferentes conferencias, e no ámbito do teatro, un número grande de representacións en posta de escenas e en seccións de teatro lido, co obxectivo de que os galegos tivesen representación dun dominio refinado. 


Durante esta época houbo unha vernacularización da lingua da liturxia, entendendo esta agrupación, a pesar de non ser confesional, a importancia do galego na liturxia da igrexa, neste sentido levou a cabo a celebración da misa neste idioma. 


A vida política no ámbito universitario cambiou, aparecendo novas organizacións estudantís con ideais galeguistas, influenciado de certo modo por O Galo. Con todo, os propósitos de O Galo cambiaron, quedando baleiras de contido xa que as novas organizacións tiñan maior aspiracións  en canto á política e cultura. A pesar dos distintos períodos de inactividade, sobreviviu á transición e á democracia. En 2011 levou a cabo a celebración das vodas de ouro cunha exposición.

Bibliografía:





Imaxes: