A Mesa pola Normalización Lingüística é unha organización social, plural e apartidaria, fundada en abril de 1986. Ten como finalidade fomentar o uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida, tanto social como politicamente. Ademais, denuncia os actos de discriminación lingüística.
Os órganos de goberno da Mesa son a Asemblea Xeral, a Xunta directiva e a Comisión Permanente, cuxos socios, participan cada ano nunha reunión nacional, onde se valora o traballo realizado e decídense os aspectos xerais a desenvolver no seguinte período.
Nome: A Mesa pola Normalización Lingüística
Sigla: MNL
Área de actividade: Asociación cultural
Datas: 1986
Fundador: Xosé Manuel Sarille
Sede: Santiago de Compostela
Dirección: Rúa de García Prieto, 7, Semisoto B, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42º52'10"N 8º33'10"O
Páxina Web: http://www.amesa.gal/
Entidade Superior:
Comezos
En abril de 1986, realizouse unha asemblea tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística, onde se acordou constituír unha Mesa permanente para a Normalización lingüística, encargada de levar a cabo as conclusións do devandito encontro. A Mesa adquiriu importancia chegando a oídos do goberno central, o que resultou na incorporación do galego nos ensinos.
Ao longo do seu percorrido, pasou por tres presidentes: o primeiro e un dos seus fundadores foi Xosé Manuel Sarille, quen dirixiu a federación entre 1986 e 1997; despois substituíuno María Concepción Costas Fernández, presidenta entre 1997 e 2002, sendo o máis breve; ata que no 2002 chega Carlos Callón exercendo o seu mandato ata o 2014.
Actividades
Campaña de promoción do idioma en institucións, organizacións e persoas. Isto leva a cabo a través das asembleas ou grupos de traballos comarcais.
A empresa Seat lanzou un coche chamado SEAT Arousa, debido á intensa campaña da Mesa.
2. Globo publicitario da Mesa no Correlingua 2013
Bibliografía:
A MESA. (s.d.). Quen somos. Recuperado o 9 de febreiro de 2024 de https://www.amesa.gal/asociacion/quen-somos/
Macías, F. G. (21 de abril, 2011). La Mesa pola Normalización Lingüística cumple 25 primaveras. La Opinión A Coruña. https://www.laopinioncoruna.es/opinion/2011/04/21/mesa-pola-normalizacion-lingueistica-cumple-25134627.html
A Mesa pola Normalización Lingüística. (s.d.). Wikipedia. Recuperado o 9 de febreiro de 2024 de https://gl.wikipedia.org/wiki/A_Mesa_pola_Normalizaci%C3%B3n_Ling%C3%BC%C3%ADstica
Imaxes:
A Mesa pola Normalización Lingüística, A Mesa, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons
Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga), Globo da Mesa pola Normalización Lingüística. Correlingua. Silleda 2013-2b, CC BY-SA 3.0