A Gentalha do Pichel é unha asociación cultural constituída en 2004 con base en Santiago de Compostela. Ten por obxecto a recuperación e difusión dos costumes, hábitos e tradicións galegos. Defende a normativa reintegracionista proposta pola AGAL.
Nome: A Gentalha do Pichel
Sigla:
Área de actividade: Asociación cultural
Datas: 2004
Fundador:
Sede: Centro Social O Pichel
Dirección: Rúa de Santa Clara, 21, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42º53'10"N 8º32'26"O
Páxina Web: https://gentalha.org/
Entidade Superior:
En novembro de 2003 catro persoas xuntáronse co obxectivo de ofrecer unha alternativa de actividades culturais en galego á marxe do asociacionismo existente e de vinculacións políticas. A Gentalha constituíuse en 2004 no Museo do Pobo Galego. Catro anos despois o grupo pasou a ter máis de 100 persoas.
En 2005 abriu o Centro Social o Pichel, xesationado pola asociación, que desta forma contribuía á estratexia de creación de centros sociais en Galicia, entendidos como espazos onde poder desenvolver iniciativas para normalizar a lingua, facéndoo desde un punto de vista reintegracionista.
A lingua, a cultura, a historia e o medio natural son as coordenadas nas que se comezaron a mover. No seu local organízanse diversos obradoiros, proxeccións cinematográficas (entre elas as do Cineclube de Compostela) e concertos, así como exposicións, palestras, presentacións, xantares, libros, documentais, camisolas cos seus deseños... Unha das súas campañas máis exitosas foi dar a coñecer a figura do Apalpador a toda Galicia.
A asociación estrutúrase en comisións, grupos de traballo temáticos: medio natural, lingua, cultura científica, consello xeral e local.
2. Concerto de Ataque Escampe en A Gentalha do Pichel
Bibliografía:
A Gentalha do Pichel. (s.d.). Inicio. Recuperado o 1 de febreiro de 2024 de https://gentalha.org/
Peres Pena. M. (30 de xaneiro de 2014). Com a tenacidade das formigas atingimos êxitos humildes mas reais. Praza Pública. Recuperado o 1 de febreiro de 2024 de https://praza.gal/movementos-sociais/com-a-tenacidade-das-formigas-atingimos-exitos-humildes-mas-reais
Turismo de Santiago. (s.d.). Gentalha do Pichel. Recuperado o 1 de febreiro de 2024 de https://www.santiagoturismo.com/programadores-culturais/a-gentalha-do-pichel