A Casa do Rock é unha empresa de formación e produción musical, composta por un equipo de 21 profesionais, con 16 profesores especializados en distintas disciplinas como técnica vocal, guitarra, baixo, batería e teatro musical.
Nome: A Casa do Rock
Sigla: ACDR
Área de actividade: Escola musical
Datas: 2011
Fundador: Alejandro Melchor; Adrián Hernández
Sede: Santiago de Compostela
Dirección: Avenida de Rosalía de Castro, 33, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52′30″ N 8°33′2″O
Páxina Web: https://acasadorock.com/
Entidade Superior:
Inicios
As súas orixes comezan en Teo, ofrecendo os seus servizos a persoas con e sen coñecemento musical. Inicialmente ocupaba unha pequena sala que, co tempo, expandiuse para dar aforo a un crecente número de alumnos. Máis adiante, a sede central desprazaríase a Santiago de Compostela, situándose na rúa de Rosalía de Castro. Ademais de ter un estudo en Teo, conta co patrocinado por Iago Pico e un de Familia.
Esta empresa ampliou a súa oferta de servizos ao incorporar un estudo de gravación e un selo discográfico, xunto coa opción de alugar salas para ensaiar ou mesmo un equipo de son para concertos. A finais do 2020, abriuse un novo local, ofrecendo aos seus alumnos unha gama de instrumentos e material a prezos reducidos.
En canto á súa formación, desde o 2013, conta cun método educativo propio, sendo ademais un centro examinador oficial Rock School, cuxo método non só céntrase no ensino teórico, senón tamén profesional. Esta formación non só limítase a mozas senón tamén a adultos, ofrecendo dúas modalidades, a libre -clase particulares- e a modalidade oficial. Esta aprendizaxe complétase con masterclass impartidas por artistas de renome e de talleres e clases innovadoras da man de profesores especializados.
Actividades
Destácase por organizar festivais e incentivar a formación de bandas, grupos ou combos, ademais de que a súa oferta cultural, combina concertos, sesións de DJ, presentacións dirixidos aos máis pequenos da escola.
Bibliografía:
Adiante Galicia (12 de agosto, 2021). A Casa do Rock celebra su décimo aniversario al ritmo de Neil Young. Adiante Diario. Recuperado o 12 de febreiro de 2024 de https://www.adiantegalicia.es/terras-compostela/2021/08/12/a-casa-do-rock-celebra-su-decimo-aniversario-al-ritmo-de-neil-young.html
A Casa do Rock (s.d.). Quienes somos. Recuperado o 12 de febreiro de 2024 de https://acasadorock.com/es/quienes-somos/
Rey, C. (27 de abril, 2021). A Casa do Rock: escuela de rock, estudio, sello y tienda en Santiago de Compostela. El Español. https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/vivir/a-casa-do-rock-escuela-de-rock-estudio-sello-y-tienda-en-santiago-de-compostela