Mariano Tito Vázquez

1.Mariano Tito Vázquez

Naceu en Hellín, na provincia de Albacete, o 19 de xaneiro de 1870 e finou en Santiago de Compostela o 13 de decembro de 1952. Aínda que manchego de nacemento, será en Galicia onde pase a maior parte da súa vida e onde desenvolva a súa actividade profesional, como pintor e como mestre de artistas.

Estudou a carreira de Belas Artes entre Murcia, Valencia e Madrid, onde traballou no Museo do Prado

Nome completo: Mariano Vázquez Sánchez

Datas: 1870-1952

Lugares: Hellín, Albacete- Santiago de Compostela

Campo de actividade: Pintura

Grupo asociado: Real Sociedad de Amigos del País; Escola de Artes e Oficios

Ocupación: Pintores

Lingua: Castelán

Ao final do século XIX chegou a Santiago como militar e se dedicará a facer retratos, xénero no que sobresae. Viaxou a América pero remata volvendo a Santiago, cidade que amaba profundamente, onde exercerá como profesor de debuxo e pintura na Real Sociedade Económica de Amigos del País dende 1919. Con posterioridade, mudarase á Escola de Artes e Oficios.

Viviu na Rúa do Vilar onde combinaba as artes da pintura coa literatura e as artes escénicas, chegando a ser codiretor do grupo de teatro da Universidade, onde coñeceu a Xoán Xesús González ou a Armando Cotarelo Valledor.

Pintou temas constumistas e retratos e tamén destacou como pintor realista. Non obstante, as súas obras presentan unha pincelada romántica. O seu prestixio lémbrase nunha placa na Rúa do Vilar, na esquina da praza das Praterías.

Retratou a grandes personaxes da sociedade galega como oficiais, clérigos, ao filántropo García Barbón ou ao arcebispo Lago González.

Bibliografía

Imaxes

1.Vida Gallega, 30-12-1928, p. 11, Mariano Tito Vázquez 1928, marcado como dominio público