Concha Vázquez

1.Concha Vázquez

Nacida en Santiago de Compostela no ano 1906 no seo dunha familia de cinco fillos, sendo ela a filla mediana.

Foi unha pintora moi recoñecida a nivel nacional, tendo críticas positivas en todas as exposición que fixo. Na súa familia non existían rexistros de ter ningún artista, e ela descobre a súa vocación aos dezaoito anos.

Nome completo: Concepción Vázquez Martínez

Datas: 1906-1971

Lugares: Santiago de Compostela-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Pintura

Grupo asociado:

Ocupación: Pintoras

Lingua: Castelán

Aquí comeza a súa carreira artística, primeiro na escola de Juana Brocos onde recibirá clases clásicas de artes e máis tarde na academia de Tito Vázquez, na rúa de Pratarías. Xunto a este último participou na Exposición Rexional de Arte que se celebrou en Vilagarcía de Arousa no ano 1928 o que lle outorgou a confianza para que ao ano seguinte abra o seu propio estudo en Compostela onde comeza a preparar a súa exposición en solitario. Esta transcorre en Vigo dous anos despois e as críticas serán positivas sendo continuas as referencias á súa capacidade de mostrar sentimentos das e dos modelos a través dos ollos, transmitindo unha humanidade nas súas obras que non compartían os artistas contemporáneos.

Casa co pintor López Garabal co que participará nun alto número de exposicións en diferentes cidades galegas e Madrid (1957). Sempre acadando opinións positivas tanto do público como da crítica. Pero ve truncado este momento por culpa dunha enfermidade que a aparta do mundo das exposicións por un tempo. Esta situación repetirase ao longo do resto da súa vida, dedicándose a partir de aquí a expor as súas pinturas de maneira esporádica.

Terá exposicións en Vigo, en A Coruña e en Santiago sendo a súa última exposición na cidade compostelá, no Hostal dos Reis Católicos catro meses antes da súa morte. Faleceu en xullo de 1971 e recibiu a Medalla de Honra como homenaxe póstuma tras enviar unha serie de cadros para a exposición.

Concha Vázquez pode encadrarse na corrente primitivista, sempre buscando a temática dos nenos, dos xoguetes e das mulleres. A súa obra é:

1930, O Zapateiro, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1930, Autorretrato, 1930. col. Privada, Santiago

1930, A señora Andrea, col. Privada, Santiago

1948, Manoliño, col. Privada, Santiago

1949, Conchiña; col. Privada, Santiago

1948, Carga de mazás, Concello de Santiago

1951, A nena do remuíño, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval

1951, Xitana, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval

1953, Do traballo, Deputación de A Coruña.

1954, No Mercado, Colección Privada, Santiago

1956, Sibila, Museo Quiñones de León, Vigo

1956, Lavandeiras, col. Privada, Santiago.

1956, Familia mariñeira, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1958, O rapaz da pomba, col. Privada, Santiago.

1959, Autorretrato, col. Privada, Santiago

1961, Nai, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1963, Rapazas de Paredes, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1963, Ofrenda a San Bieito, col. Privada. Madrid.

1963, Áurea, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1962, Rapazas, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1963, Moziños, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1963, Moza do Rostro, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1964, Cavilando, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1964, Moziña de Pite, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval

1965, Moza de Fisterra, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1967, Mentras pace o gando, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1967, Na feira, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1968, Adelaida, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1968, Maruxa de Rei, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval

1969, Avoa e neta, col. Privada, A Coruña.

1970, Rapazas no mercado Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1970, Facendo Carnaza, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval

1970, Teresiña, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.

1971, O ramo do santísimo, col. Privada, Santiago.



Bibliografía

  • López Vázquez, José Manuel B. Album de mulleres do Consello da Cultura Galega Concha Vázquez http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=187. (consultado o 6/2/2019)

  • López Vázquez, José Manuel B., «Concepción Vázquez Martínez», en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/)

  • Marco, A (2007) Dicionario de mulleres galegas: (das orixes a 1975) Xunta de Galicia, Santiago de Compostela: pp 450 - 451 (consultado o 6/2/2019)