Ramón Villares

1.Ramón Villares

Ramón Villares Paz é un catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela que aínda que naceu en Xermade, Lugo, no ano 1951, realizou a maior parte da súa vida profesional na cidade compostelá.

Nome completo: Ramón Villares Paz

Datas: 1951-

Lugares: Xermade, Lugo

Campo de actividade: Historia Contemporánea

Grupo asociado: Real Academia Galega

Ocupación: Historiadores

Lingua: Galego

No ano 1973 licenciouse en Filosofía e Letras, na rama de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e no 1980 obtén o doutorado en Historia con premio extraordinario concedido pola USC. Cabe mencionar que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo concedeulle en 1981 o premio á mellor tese en Filosofía e Humanidades presentada en España.

Dende 1987 é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Compostela, onde foi reitor de 1990 a 1994. Tamén foi decano da Facultade de Xeografía e Historia entre 1986 e 1990.

No ano 2006 entra a formar parte da Real Academia Galega e é nomeado Presidente do Consello de Cultura Galega. Foi, por outro lado, membro fundador e presidente da Asociación de Historia Contemporánea (1996-2002) e pertence tamén a patronatos de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Luis Seoane, o Centro Galego de Arte Contemporánea...

Por outra banda, tamén é membro do Consello Asesor de diversas revistas especializadas, como Análise Social, Ler História, Ayer ou Historia Social e é consultor de diversos centros e axencias de investigación, tanto españolas como estranxeiras.

Especializado en historia social agraria, historiografía e historia intelectual, grazas ao seu traballo, hoxe en día coñecemos mellor a formación de Gallaecia, a Galicia altomedieval e a da Era Compostelá, a crise baixomedieval e a Galicia do Antigo Réxime, a decadencia do XIX e a modernización do primeiro terzo do XX. Estudou tamén a Galicia actual, dende a Guerra Civil ata os anos da Autonomía.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Eduardo Castro Bal (https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Ramón_Villares_(AELG)-3.jpg), „Ramón Villares (AELG)-3“, https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/legalcode