Lino Villafínez

1.Título da foto

Nado en Marín en 1892 e falecido en Santiago de Compostela en 1970, foi un pintor galego formado a base de instinto que mostra dende a infancia.

A súa infancia desenvólvese en Marín, máis en 1914 trasládase a Santiago, onde compaxina o seu traballo no Hospital Provincial coa súa paixón, a pintura.

A súa relación co mundo da pintura fai que chegue a desfrutar dunha beca da Deputación de Pontevedra, que o leva a Madrid, onde mellora a súa técnica como pintor. Volverá a Santiago, onde vivirá ata a súa morte.

Nome completo: Lino José Martínez Villafínez

Datas: 1892-1970

Lugares: Marín, Pontevedra-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Pintura

Grupo asociado:

Ocupación: Pintores

Lingua: Castelán

Villafínez é o exemplo dun home que chegou a incorporarse ás correntes pictóricas e intelectuais do momento, nunha pintura que, poderiamos considerar, case coma unha crónica da cidade de Santiago de Compostela, con lugares que espertan a curiosidade do autor con gran agudeza, como o caso da Catedral, do Pórtico da Gloria ou do Hostal dos Reis Católicos onde vemos que realiza varias versións, pintando con entusiasmo, tanto os interiores como o exteriores , cunha gama de cores fríos, sobre todo azuis e grises matizados, podendo ver unha evolución que o leva a buscar un equilibrio entre composición e cor.

Entra en contacto con outros pintores como Concha López ou López Garabal, ademais de toda unha serie de artistas que fan que se mova dentro da intelectualidade da cidade de Compostela.

Posteriormente, comezará a formar parte do Movemento Rexionalista de Pintores Galegos, nun momento no que decide adicarlle plenamente o seu tempo á pintura, deixando de lado o seu traballo no Hospital, o que fai que a súas obras medren tanto en número coma en calidade. Chega a vivir épocas duras, onde á consecuencia da crise, ten que vender a súas obras a un baixo prezo. Un feito que posibilita que a obra de Villafínez, estea dispersa pola xeografía galega, ocupando diferentes espazos e museos e que fai que a súa obra estea presente no maxín de moitas galegas e galegos.

A partir de mediados da década de 1940 as adversas circunstancias persoais polas que atravesaba repercutiron na súa pintura, que decrecía en calidade, e as súas vistas de recunchos de Compostela e da catedral convertéronse en postais de recordos.

Bibliografía:


Imaxes: