Alfredo Vigo Trasancos

1.Título da foto

Alfredo Manuel Vigo Trasancos naceu en Ferrol (A Coruña) no ano 1951. Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, especialista no Barroco e no Século das Luces.

Nome completo: Alfredo Vigo Trasancos

Datas: 1951

Lugares: Ferrol, A Coruña

Campo de actividade: Historia da arte

Grupo asociado: Universidad de Santiago de Compostela

Ocupación: Historiadores del arte ; Catedráticos de universidad

Lingua: Castelán

Especialista en temas de Arquitectura e Urbanismo, estudou de maneira específica o século XVIII, particularmente o Barroco e a Ilustración. Realizou así neste campo varias publicacións de interese, entre as que destacan: Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1984), que trata a importancia da cidade e do seu arsenal militar; La fachada del Obradoiro de la Catedral de Santiago (1996), na que analiza dita construción, fito do Barroco galego e La Catedral de Santiago y la Ilustración (1999) que axuda a comprender o pensamento historicista que xa había no século XVIII.

Por outro lado, outras obras que merecen ser destacadas son, en primeiro lugar, a titulada A Coruña y el Siglo de las Luces (2007) na que trata a realidade urbana da cidade nunha das súas épocas máis importantes, cando se levou a cabo a restauración da Torre de Hércules. Outra obra destacada é Galicia y el siglo XVIII. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (2011) na que saca á luz arredor de 1.600 planos históricos de cidades e monumentos galegos con grande valor histórico.

Ademais destes libros, é tamén autor de numerosos artigos de investigación, director de obras colectivas e teses de doutoramento, investigador en proxectos realizados polo Ministerio de Educación e Ciencia e a Xunta de Galicia, membro do consello de redacción de varias revistas e coordinador dun Grupo de Investigación da Universidade de Santiago formado por máis dunha decena de investigadores.

Tamén é recoñecido no mundo da crítica artística e da crónica de cidades. Foi comisario en varias exposicións sobre a Torre de Hércules e a cidade de A Coruña no seu 800 aniversario e participou en numerosos congresos nacionais e internacionais.

Por toda esta traxectoria profesional, sobre todo pola investigación e posta en valor do patrimonio arquitectónico da cidade de Ferrol, recibiu a Insignia de Ouro do Concello no ano 2011.

Bibliografía:

Imaxes: