Roberto Vidal Bolaño

1. Busto de Roberto Vidal Bolaño na robleda de Santa Minia

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1959 - Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002) foi un director e actor galego de teatro, pioneiro na dramaturxia profesional en Galicia, que chegou a acadar un importante prestixio. Foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2013, un exemplo da súa gran importancia dentro do ámbito cultural e literario galego.

Nome completo: Roberto Vidal Bolaño

Datas: 1950-2002

Lugares: Santiago de Compostela-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura; Teatro; Cine

Grupo asociado: Real Academia Galega

Ocupación: Actores; Dramaturgos; Escritores

Lingua: Galego

O inicio dos seus estudos está estreitamente relacionado coa Casa da Troia e a Academia Ríos, na rúa do Franco, onde de ben novo, comeza a mostrar a súa paixón polo mundo da interpretación e do teatro. Tras rematar os estudos iniciais, continúa na Escola da Inmaculada, onde se prepara facer exercer a carreira de Administrativo.

A súa primeira experiencia co teatro foi aos 15 anos, coa obra “O Xogadeiro”, unha peza moi curta, de aínda non dous minutos, pero que ten unha gran importancia por ser a súa primeira interpretación no mundo dos escenarios.

Ocupou numerosos postos de traballo que non tiñan relación algunha co teatro, como por exemplo, mecánico nun taller de recambios, nunha axencia de viaxes, empregado de banca . . . mentres estudaba o bacharelato nocturno e tentaba atopar tempo para o teatro.

Durante os primeiros anos contaba cun grupo de teatro chamado Antroido, que compaxinaba co seu traballo, mais cando o despiden, dálle un xiro ao grupo adicándose a el plenamente e creando así a primeira compañía teatral galega profesional. Comezou coa obra Laudamuco, señor de ningures, no colexio La Salle de Santiago de Compostela, acadando un importante éxito de público que quería ver como comezaba a andaina desta compañía teatral.

Durante a súa actividade adaptou numerosos textos de grandes escritores galegos, como Méndez Ferrín, presentándolle ao público grandes obras cumio da literatura galega.

Alén do eido dramático, tivo tamén unha importante relación co mundo do Audiovisual, realizando guións e dobraxes para a Televisión de Galicia (TVG) e para Televisión Española (TVE), en traballos coma Malos Tratos, Novo de Parmiude ou Morosos Varios.

O cine tamén tivo a sorte de contar co traballo de Vidal Bolaño, en películas como A lingua das bolboretas ou en series como Mareas Vivas, onde tamén chegou a participar como actor.

A súa obra está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade, o que nos recorda a outros grandes literatos galegos. O teatro, arredor da figura de Rosalía e coa influenza de Valle Inclán, levárono a cultivalo cunha gran calidade, chegando a converterse nun referente neste campo, nunha mestura de realismo, simbolismo e expresionismo, cunhas obras onde o diálogo co público está especialmente coidado.

Sen dúbida, estamos ante un dos referentes máis importantes do teatro galego que o fixo ser merecedor de importantes recoñecementos. Uns recoñecementos que chegan ata importantes institucións como a Real Academia Galega, que o nomeou académico a título póstumo e adicoulle o Día das Letras Galegas no ano 2013.

Ademais do seu compromiso co teatro, estableceu un forte vínculo e relación co país e co idioma, que o levaron a acadar unha gran relevancia dentro da cultura galega.

Bibliografía: