José Vega y Verdugo

1.Fachada occidental, románica, da Catedral de Santiago, segundo un debuxo de José Vega y Verdugo en 1657. No século XVIII foi derrubada para construír a actual fachada barroca do Obradoiro

José de Vega y Verdugo (Ciempozuelos, 1624-Madrid, 1696) foi un cóengo e fabriqueiro da Catedral de Santiago de Compostela, cidade na que estivo entre 1649 e 1672.

Nome completo: José de Vega y Verdugo

Datas: 1623-1696

Lugares: Cienpozuelos, Madrid-Madrid

Campo de actividade: Relixión; Arquitectura

Grupo asociado: Catedral de Santiago; Igrexa Católica

Ocupación: Cóengos, Arquitectos

Lingua: Latín

A súa formación intelectual iniciouse na escola de Ciempozuelos. De aí pasou ás aulas do seminario de El Escorial. Non se pode verificar se completou os seus estudos.

A súa presenza en Roma está documentada a partir de 1647. A súa vida alí, ademais do seu papel de cofrade, está relacionada coas figuras do cardeal Albornoz e do VIII conde de Oñate, a quen se refería como o seu señor.

En 1649, convértese en cóengo da catedral por bula de Inocencio X. Na súa casa, situada na parte sur da praza da Quintana, escribiría o seu Informe, o seu plan de reformas para a Catedral, que contaba con 48 follas e 11 debuxos. Centrábase na búsca da magnificación do altar maior, na mellora do aspecto exterior e na ordenación das prazas. Peña de Toro será o que leve a cabo algunhas das propostas de Verdugo. Domingo de Andrade tamén o cita como un dos seus mentores, baseando o seu baldaquino nas ideas do cóengo.

Polo tanto, podemos considerar a Vega y Verdugo como o impulsor teórico do Barroco na cidade de Santiago de Compostela.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. José Vega y Verdugo (1623-1696), Catedral de Santiago, fachada Vega y Verdugo 1657 b, marcado como dominio público