Ramona Vaamonde

Nace en Santiago de Compostela o 28 de abril de 1907 e falece no ano 1997. Filla do doutor Joaquín Vaamonde Rodríguez, prestixioso médico compostelán considerado pioneiro no mundo da Radioloxía en Galicia.

Ramona cursou os estudos de Farmacia entre os anos 1925 e 1929 cun expediente salientable con 12 sobresaíntes e matrículas das 14 materias das que constaba a carreira. No ano 1937, durante a Guerra Civil e na súa etapa no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, obtivo o título de enfermeira. 

Nome completo: Ramona Vaamonde Fernández 

Datas: 1907-1997

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Farmacia; Microbioloxía

Grupo asociado: Universidade de Santiago, Facultade de Farmacia

Ocupación: Microbiólogas; Farmacéuticas

Lingua: Castelán

Vinte anos despois lerá a súa tese de doutoramento que se titulaba Sobre el metabolismo de los ácidos nucleicos de las bacterias, dirixida por Benito Regueiro. Antes traballou como axudante de clases de Microbioloxía dende 1952 ata 1956, cando foi nomeada adxunta da Cátedra de Microbioloxía. Cinco anos despois aprobou a oposición para profesora adxunta e dende 1967 exercerá de docente encargada de Microbioloxía e Técnica microbiolóxica ao tempo que é nomeada profesora agregada de Parasitoloxía.

Tamén se dedicou á investigación publicando :

Todos eles en colaboración con Benito Regueiro.

En setembro de 1975 detectou un brote de cólera evitando así unha epidemia. Xubilouse no ano 1977.

Bibliografía: