Urraca I, Raíña de León

1.Urraca I

Urraca de León foi raíña de León e Castela entre os anos 1119 e 1126, converténdose na primeira muller que exerceu de xeito efectivo o papel de raíña en España.

Urraca foi un personaxe insólito da historia medieval hispánica pola súa condición feminina e polo papel que chegou a xogar nos feitos históricos da época. A súa actuación política foi xulgada na súa época e logo transmitida como tópico historiográfico, máis pola súa condición de muller que polo acerto ou os erros nas decisións que tomou.

Nome completo: Urraca, Raíña de León e raíña de Castela

Datas: 1081-1126

Lugares: León-Saldaña, Palencia

Campo de actividade: Política

Grupo asociado:

Ocupación: Raiñas

Lingua:

Filla de Afonso VI e da raíña Constanza de Borgoña, seu pai tentou por todos os medios atopar un fillo varón que ocupase o trono, mais a pesares de casar varias veces, só conseguiu ter descendencia feminina. Afonso VI converteu en herdeiro ao Trono a Sancho, o fillo que tivo sa súa relación coa princesa musulmana Zaida, pero este morreu na batalla de Uclés.

A infancia de Urraca transcorre ao lado da súa nai, Constanza, unha raíña sen papel público, que vive adicada ao coidado da súa filla, unha cuestión da que Urraca vai fuxir cando se produza a súa chegada ao trono de Castela e León.

A pronta idade, coñece ao seu futuro marido, Raimundo de Borgoña, que tiña un obxectivo claro, acadar poder territorial tralo seu casamento para converterse en rei de pleno dereito. Na curta vida matrimonial de Urraca con Raimundo, ela adícase a coidar dos seus dous fillos, Sancha e Afonso. En setembro de 1107 falece Raimundo de Borgoña e o seu corpo é trasladado a Compostela e depositado na igrexa de Santiago.

Afonso VI, pai de Urraca, morre o 1 de xullo de 1109 e os poderosos que a rodeaban concertaron o seu matrimonio con Afonso I de Aragón “ El Batallador”. Coa morte do rei de Castela e León, Urraca accede ao poder, mais cun marido ao seu lado que non lle pon as cousas doadas. A ruptura chegou moi pronto.

Finalmente, Urraca comeza un goberno que se inicia no ano 1113 e remata no 1126, asumindo o papel de raíña, A pesares de que asociou ao trono ao seu fillo Afonso, Urraca nunca renunciou ao poder de raíña nin abdicou, á diferencia do que fixera a súa avoa Sancha, na época en que foi a raíña consorte.

Urraca de León gobernou con firmeza e na súa vida persoal chegou a ter descendencia ilexítima. Os historiadores medievais pasan de puntillas polas relacións que tivo fóra do ámbito reglado do matrimonio con dous aristócratas porque, situadas á marxe da sucesión ao Trono, carecen da relevancia política suficiente. Sen embargo, si que foron importantes na vida da raíña xa que co conde Pedro González de Lara tivo, polo menos, dous fillos: Fernando e Elvira.

A raíña Urraca morreu, de parto, o 8 de marzo do 1126 en Saldaña. Foi soterrada no Panteón de Reis de San Isidoro de León, xa convertida nunha das figuras máis rompedoras e importantes do medievo.

Bibliografía

  • IRISARRI, Ángeles de (2010) La Reina Urraca. Lectura +. Barcelona.

  • PALLARES MÉNDEZ, María del Carmen Urraca de León en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/)

Imaxes

1. Carlos Múgica y Pérez artist QS:P170,Q20978161, Urraca I, reina de León (Museo del Prado), marcado como dominio público