Xohana Torres

1.Título da foto

Nace en Santiago de Compostela en 1931 e falece en Vigo o 12 de setembro de 2017. De pequena múdase a Ferrol onde pasa a súa xuventude e onde é alumna de Ricardo Carvalho Calero.

Comeza a publicar en revistas como Aturuxo, Vida Gallega ou Viveiros.

En 1957 estuda Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela o que lle impulsa o seu interese pola literatura galega. Escribirá poesía, teatro, novela, literatura infantil, ensaios e fixo algunhas traducións.

Nome completo: Xohana Torres Fernández

Datas: 1929-2017

Lugares: Santiago de Compostela-Vigo, Pontevedra

Campo de actividade: Literatura

Grupo asociado: Real Academia Galega

Ocupación: Escritoras; Poetas; Narradoras

Lingua: Galega

A proposta de Xosé Luis Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega no ano 2001.

Nas súas obras trata temas íntimos de Galicia, como pode ser a inmigración dende o punto de vista das mulleres. Máis concretamente, na súa novela Adiós, María (1971) faino dende o punto de vista dunha filla que queda na casa dos seus avós mentres os seus pais emigran. Un choque cultural ao que se lle suma a chegada de novos tempos no final do franquismo.

Recibe varios premios como o Premio de Poesía da Asociación da Prensa de Vigo, o Premio Castelao de teatro en 1966, Premio Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires, o Premio de Etnografía da Deputación de A Coruña, o premio Pedrón de Ouro, o Premio da Crítica e en 1992 a Xunta de Galicia outórgalle o premio á Creación Feminina.

A finais de 2017 abríuse en Santiago de Compostela a Casa das mulleres Xohana Torres, un lugar de empoderamento e transformación social dos colectivos feministas para unha construción mais igualitaria.

Bibliografía

PENDIENTE ENLACES

Enlaces a datos e catálogos