Gonzalo Torrente Ballester

1.GonzaloTorrente Ballester

Gonzalo Torrente Ballester foi un novelista galego en lingua castelá, nado en Ferrol pero moi estreitamente vinculado coa cidade de Santiago de Compostela.

A súa traxectoria e traballo están avaladas por diferentes premios de gran prestixio, como o Premio Cervantes (1985), o Príncipe de Asturias das Letras (1982) ou o Premio Nacional de Literatura (1981).

Nome completo: Gonzalo Torrente Ballester

Datas: 1910-1999

Lugares: Ferrol, A Coruña-Salamanca

Campo de actividade: Literatura; Novelas; Teatro; Ensaios; Xornalismo

Grupo asociado:

Ocupación: Escritores; Novelistas; Ensaístas; Profesores

Lingua: Castelán

Durante a realización dos seus estudos, comezou a visitar con asiduidade a cidade de Santiago de Compostela, o que lle permitiu entrar en contacto con diferentes persoeiros do momento.

A pesares da súa relación coa cidade do Apóstolo, cursou os seus estudos de Dereito na Universidade de Oviedo, e entrou en contacto coas tertulias e cafés da cidade, a miúdo, frecuentados por persoas como Rafael Alberti, Federico García Lorca . . . Isto permitiulle comezar a escribir en pequenos xornais ou publicacións, tendo especial importancia o xornal local, El Carbay'on.

Viaxou a Madrid con frecuencia, onde entrou en contacto cunha realidade que era diferente a que el acostumaba vivir no Norte, polo que finalmente regresou a Ferrol tras conseguir unha vacante de profesor auxiliar na Universidade de Santiago de Compostela. Un feito clave, porque lle permitiu aumentar a súa formación e acadar becas, que o levaron ata a Sorbona.

Torrente Ballester foi tamén un home vinculado estreitamente coa política, polo que o seu nome comezou a circular dentro do espectro anarquista e galeguista. Unha cuestión que co estalido da Guerra Civil, podería ter posto en perigo a súa integridade.

Coa fin da Guerra, nos anos 40, comeza a colaborar máis firmemente con revistas e publicacións, como El Escorial, Faro de Vigo ou Amodo. Un traballo que lle permite adicarlle tempo a súa paixón, a literatura, polo que chega a converterse nun dos críticos literarios máis influíntes da capital española.

A súa actividade levarano a viaxar a diferentes puntos para dar conta das súas actividades e publicacións, chegando a un punto onde decide establecerse nun lugar concreto para acadar a estabilidade para a súa familia.

No ano 1975 pide o traslado a Salamanca, onde ocuparía a cátedra ata o ano 1980, seguindo alí a súa faceta literaria e xornalística, en ocasións vinculada a grandes institucións ou organizacións como a RAE, que lle chegaron a outorgar un importante papel dentro da literatura española contemporánea.

Faceceu en Salamanca no ano 1999 e foi soterrado no cemiterio de Serantes.

Bibliografía: