Xelís de Toro

1.Xelís de Toro

Xelís de Toro é un escritor e artista multimedia nado o 9 de Outubro de 1962 en Santiago de Compostela.

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, completou a súa formación como lector, polas universidades de Birmingham e Oxford.

Nome completo: Xosé Luis de Toro Santos

Datas: 1962

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura; Música; Teatro

Grupo asociado:

Ocupación: Filólogos; Músicos; Profesores; Editores; Escritores

Lingua: Galego

No ano 1990, fundou Edicións Positivas, unha empresa editorial con sede en Santiago de Compostela e comprometida co uso da lingua galega.

Conta con numerosos títulos como “Seis Cordas e un corazón” (1989), “Non hai misericordia” (1990) ou “ Os Saltimbanquis no paraíso” (1999), que o levaron a acadar o premio San Clemente no ano 2000.

Colaborou tamén con algunhas publicacións, resaltando o seu papel en Vieiros, que remataría por pechar no ano 2010.

Actualmente vive no Reino Unido onde traballa pola súa conta.

Bibliografía

Imaxes

1. Imaxe