Suso de Toro

1.Suso de Toro

Suso de Toro é un escritor galego de gran renome, nado o 10 de Xaneiro de 1956 na cidade Santiago de Compostela.

Licenciado en Xeografía e Historia, con especialidade en Arte Moderna e Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela, rematou nos derroteiros do audiovisual e colaborando con prensa e radio habitualmente, sen esquecer tampouco o seu traballo como profesor de Secundaria de Lingua e Literatura galegas.

Nome completo: Xesús Miguel de Toro Santos

Datas: 1956

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura; Xornalismo; Cine

Grupo asociado:

Ocupación: Escritores; Novelistas; Ensaístas; Guionistas

Lingua: Galego

Baixo a súa sinatura, atopámonos con narrativa, pasando por literatura infantil ata o teatro, con títulos como Ambulancia (1990), Unha rosa e unha rosa ou Trece Badaladas (2002), esta última levada ao cine.

A súa produción foi premiada con numerosos galardóns, como o Premio da Crítica de Galicia no ano 1988, o da Crítica Española no 1993 e no 2000, pero sen dúbida un dos máis importantes será o que recibe no ano 2003, o Premio Nacional de Narrativa, pola obra antes mencionada, Trece badaladas.

No ano 2010, anunciou a súa retirada do mundo da escritura para poder centrarse no ensino, mais a finais do ano 2014, volveu retomar a actividade sacando á luz unha obra titulada Sonámbulos, poñendo fin a esa seca creativa. Continuou con Humildar. Rituales para después de Dios (2017) e Fóra de si (2018).

Na súa obra periodística e ensaística destacan Parado na tormenta (1996), O país da brétema: unha viaxe no tempo pola cultura celta (2000), Nunca máis Galiza á intemperie (2002), Outra Galiza (2008) ou La lliçó calalana (2017), entre outras.