Cristina Sánchez-Andrade

1.Cristina Sánchez-Andrade

Cristina Sánchez-Andrade é unha escritora, crítica literaria, tradutora e coordinadora de talleres de narrativa, nacida o 5 de abril do ano 1968 en Santiago de Compostela.

Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense e en Dereito pola U.N.E.D, tendo tamén un máster en Dereito Comunitario da Universidade Autónoma de Madrid.

Nome completo: Cristina Sánchez-Andrade

Datas: 1968

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura: Tradución

Grupo asociado:

Ocupación: Escritoras; Tradutoras

Lingua: Castelán

Sánchez-Andrade combina a súa labor de escritora co seu traballo de tradutora de inglés e coa súa colaboración en diferentes medios de comunicación como columnista e crítica literaria. Ademais, ten impartido clases en varias universidades de EE.UU.

Esta autora comezou escribindo pequenos relatos, como o titulado Cuentos de las Bibliotecas de la Comunidad de Madrid, ata que no 1999 publicou a súa primeira novela Las lagartijas huelen a hierba. Posteriormente, en 2001, publica a súa segunda novela Bueyes y rosas dormían.

No ano 2004 escribiu Ya no pisa la tierra tu rey, novela que lle valeu para gañar o Premio Sor Juana Inés, otorgado pola Feria Internacional del Libro de Guadalajara.

É importante destacar tamén o traballo que fai para escribir Coco (2007), tratando a vida da deseñadora de moda Coco Chanel. Este recurso de novelar a vida dun personaxe volverá empregalo en Los Escarpines de Kristina de Noruega (2010), na que trata a figura desta princesa medieval.

Fóra do mundo da ficción escribiu El libro de Julieta, un conxunto de anécdotas vividas coa súa filla con síndrome de Down.

Publicou tamén diferentes contos entre os que destacan Candela (2001), 69, Amor (2005) ou Los locos de Valencia (2007), e é importante destacar que traduciu ao castelán importantes novelas, como por exemplo Curdie y la princesa (2005) ou Cumbres Borrascosas (2006).


Bibliografía

Imaxes

  1. Carlos Porras Echavarría, Cristina Sánchez-Andrade, CC BY 4.0