Susana, Santa

1.Estatua de Santa Susana na Catedral de Santiago

Santa Susana (280-295), Patroa xunto co Apóstolo Santiago da cidade de Compostela, é unha santa romana que morreu mártir por orde de Diocleciano, logo de que ela se negase a realizar unha ofrenda en honra a Xúpiter.

Foi axustizada o 11 de Agosto do 295, día no que a Igrexa a recorda.

Nome completo: Susana de Roma

Datas: 280-295

Lugares: Roma

Campo de actividade:

Grupo asociado: Igrexa católica

Ocupación:

Lingua: Latín

Susana era a única filla do sacerdote romano Gavania, familiar de Diocleciano (284-305). Foi educada na fe cristiá e estudou varias ciencias diferentes. Os problemas comezaron cando ela negouse a casar co fillo de Diocleciano e futuro emperador, Galerio, pois quería permanecer virxe. Logo de invitala a palacio e intentar convencela, a Emperatriz Prisca, tamén cristiá, aceptou a súa decisión. Máis tarde, Diocleciano enviou ao torturador Macedonio para que obrigase a Susana a render culto a Xúpiter, e ao negarse, foi axustizada por orde do Emperador.

A Igrexa de Santa Susana, situada no punto máis alto da Alameda de Compostela, é especialmente importante para a cidade, xa que foi consagrada no século XII polo Arcebispo Diego Xelmírez para acoller as reliquias traídas dende Portugal. Estas foron devoltas na década de 1990 a Portugal, pois os restos pertencentes a Santa Susana, San Cucufate e San Silvestre foran orixinalmente roubados en Braga.

O templo actual de Santa Susana é unha reconstrución dos séculos XVII e XVIII, conservando elementos orixinais coma a porta románica ou a cruz gótica sobre o ápice da nave.


2.Igrexa de Santa Susana

Bibliografía

Imaxes

  1. José Luiz Bernardes Ribeiro / CC BY-SA 3.0, Saint Susanna statue - Cathedral of Santiago de Compostela, CC BY-SA 3.0

  2. Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga Commons)(Lmbuga Galipedia) Publicada por/Publish by: Luis Miguel Bugallo Sánchez, Santiago Santa Susana 4, CC BY-SA 3.0

Enlaces a datos e catálogos