María Solar

1.María Solar

Escritora e periodista galega, nacida en Santiago de Compostela o día 25 de novembro de 1970, cidade na que vive actualmente.

É coordinadora de Cultura da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e presentadora do programa da TVG Zigzag Fin de Semana.

Nome completo: María Solar Núñez

Datas: 1970-

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura; Xornalismo

Grupo asociado: CRTVG

Ocupación: Escritores; Xornalistas; Presentadores

Lingua: Galego

Sitio web: http://mariasolar.com/

Licenciada en Bioloxía e diplomada en Maxisterio pola USC, en Xornalismo pola SEK de Segovia e Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental pola Universidade Politécnica de Madrid. Actualmente é membro do Comité Consultivo da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Literatura

Entre as súas obras pódemos atopar libros destinados ao público xuvenil ou infantil pero tamén adulto. O seu enfoque de transmisión de ideas e sensibilidade non é incompatible co humor, do que fai gala en moitas das súas obras.

Os seus primeiros libros seguiron o seu compromiso pola ecoloxía e o medio ambiente, ben con obxectivos pedagóxicos ou de ensaio divulgativo.

Na súa biblioteca conta con diversos premios, a súa obra máis galardoada é O meu pesadelo favorito que conta co premio Lazarillo de creación literaria de 2014; foi incluído na lista White Ravens en 2016; libro do ano en 2015 na revista Fervenzas Literarias e premio a Mellor Libro Infantil-Xuvenil na I Gala do Libro Galego.

Outros premios recollidos pola autora foron o Premo Frei Martín Sarmiento en 2013, 2014 e 2017. Entrou de novo no ano 2017 na lista White Ravens con Teño uns pes perfectos. E na III Gala do Libro Galego conseguiu o premio á mellor obra xuvenil con Os nenos da varíola.

As súas obras foron traducidas a outros idiomas como o polaco, italiano, portugués, chinés ou filipino.

Radio e televisión

Se xa de pequena, a súa vida xiraba o redor da televisión e dos libros, agora de adulta traballa en ambos terreos, sendo recoñecida o seu talento con diversos premios.

Por parte da televisión e da radio traballou por máis de vinte anos nos entes públicos. Presentando un grande número de programas de xénero cultural entre eles Zigzag Diario, o magacín A Revista fin de semana, Ciencianosa, En pe de festa, etc. Como locutora prestou a súa voz durante oito anos a programas como: As tardes da galega ou Chamando á terra. Pero tamén consta no seu currículum como actriz de doblaxe.

Os premios a esta carreira tan ampla son multitudinarios, obtendo polo programa Zigzag Diario, os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ao mellor programa de TV nos anos 2012 e 2013, premio que repetiu en 2018 co programa A revista de fin de semana. En 2013, 2017 e 2018 foi finalista a mellor comunicadora de TV e gañou o segundo premio Galicia Innovación de Xornalismo de Investigación.


Bibliografía

Imaxes

  1. "Arquivo AELG - Eduardo Castro Bal".