Concepción Saiz Otero

1.Concepción Saiz Otero

Concepción Sáiz y Otero (Santiago de Compostela 1851- Pancorbo 1934) foi unha escritora, periodista e pedagoga galega.

Dende moi nova sinte un forte interés pola docencia e non tardará en sacar o titulo de Mestra, cunha importante e brillante carreira profesional a todos os niveis académicos: dende profesora de Lingua e Literatura española na Escola Superior de Maxisterio en Madrid, a institutriz privada, chegando a substituir a don Pedro Alcántara na cátedra de Pedagoxía da Asociación para a Ensinanza da Muller.

Nome completo: Concepción Sáiz Otero

Datas: 1851-1934

Lugares: Santiago de Compostela-Pancorbo, Burgos

Campo de actividade: Xornalismo; Educación; Feminismo

Grupo asociado:

Ocupación: Pedagogas; Profesoras; Xornalistas; Sufraxistas

Lingua: Castelán

Por esa época o seu nome era coñecido así como a súa obra intelectual, grazas á súa contribución cos xornais publicando os seus coñecementos e técnicas a nivel educativo. Participou en xornais e revistas como La Tribuna, Nuestro Tiempo, Magisterio Español, La Escuela Moderna,… así como participacións en debates culturais de fins do século XIX.

Tamén amosou unha participación activa en diferentes institucións culturais, educativas e benéficas coma a Unión Ibero Americana, O Patronato de Cegos,… onde asumiu o cargo de vogal.

Deixou numerosas obras centradas no seu ámbito, a actividade pedagóxica que ocupou o centro da súa actividade profesional. Entre elas podemos destacar: Cómo utilizar los millones de superávit?, Dos meses por la Escuela de Londres, Cartas… Pedagógicas? Ensayo de Psicología Pedagógica…

Cunha ideoloxía feminista, loitou dende o primeiro momento pola igualdade de condicións e pola integración da muller na sociedade, nun período moi dificil de conseguir isto. Participou como directora da primeira escola graduada de nenas entre 1881- 1884 e sempre estivo comprometida coa renovación pedagóxica e co papel que debía corresponder á muller na sociedade.


Bibliografía


Imaxes

  1. No figura en ninguna fuente. (Unknow), Concepción Saiz Otero - 1917, marcado como dominio público