Roque, Santo

1.San Roque

Peregrino occitano que viviu entre o século XIII e XIV. Desprazouse como tal ata Roma, percorrendo toda Italia e curando aos infectados pola peste. Puido morrer nunha prisión de Montpellier, encerrado polo seu propio tío ao acusalo de espionaxe.

Foi canonizado en 1584, sendo venerado coma santo pola Igrexa Católica, que celebra a súa festa o 16 de Agosto.

É considerado patrón das peregrinas e peregrinos.

Nome completo: Roque de Montpellier

Datas: (1295 o 1348/50) (1317 o 1376/79)

Lugares: Montpellier-Montpellier

Campo de actividade:

Grupo asociado: Igrexa Católica; Terceira Orde de San Francisco

Ocupación: Peregrinos; Santos

Lingua:

A devoción a San Roque estendeuse moi rápido por toda Europa no século XV, coma no caso de Venecia pois, con ocasión dunha epidemia, fundouse unha irmandade na súa honra. Santo protector ante a peste e toda clase de epidemias, era solicitado polos habitantes de calquera localidade afectada pola peste, e cando esta desaparecía, era nomeado patrón da localidade.

É patrón de Santiago de Compostela dende 1518, cando a cidade foi asolada pola peste, polo que o seu voto como santo é renovado en Compostela cada 16 de agosto. En 2018, o Papa Francisco I proclamou o xubileu polo 500 aniversario do voto da cidade e o nomeamento de San Roque como patrón.

A súa iconografía é facilmente recoñecible pola súa vestimenta de peregrino. É fácil diferencialo de Santiago peregrino cunhas observacións básicas, xa que o santo franco-italiano singularízase, sobre todo, pola ferida ulcerosa que habitualmente se sitúa na súa coxa e polo can que case sempre o acompaña.

Tamén podemos atopar o antigo Hospital de San Roque na propia Rúa de San Roque, orixinario do século XVI e transformado no XVIII. Do século XVI, consérvase a fachada renacentista de Gaspar de Arce. Ademais, forma un conxunto coa Capela de San Roque de estilo barroco, cuxo interior está decorado cun retablo de Simón Rodríguez.


Bibliografía

Imaxes:

  1. San Roque: Francisco Ribalta artist QS:P170,Q338800, Ribalta-san roque, marcado como dominio público