Pablo Pérez Costanti

1.Pablo Pérez Costanti

Pablo Pérez Costanti (Santiago de Compostela, 1857- Santiago de Compostela, 1938) foi un arquiveiro e escritor galego e un dos maiores expertos en Paleografía da historia de Galicia.

A súa experiencia no mundo da arquivística, levouno a converterse no arquiveiro municipal da cidade de Santiago de Compostela, ademais de traballar no arquivo da mitra, no catedralicio e no de protocolos.

Nome completo: Pablo Pérez Costanti

Datas: 1857-1938

Lugares: Santiago de Compostela-Santiago de Compostela

Campo de actividade:

Grupo asociado: Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago;

Real Academia Galega

Ocupación: Arquiveiros; Escritores

Lingua: Castelán

O seu interese polo tema, levouno a fundar o xornal Organillo (1883), ademais de colaborar con múltiples xornais máis Como El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega y Revista Gallega.

A súa unión coa cidade de Santiago de Compostela lévao a formar parte da Liga Rexional Galega e a Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago. Foi un dos académicos fundadores da Real Academia Galega, como bo fomentador da lingua e cultura galegas.

Ademais do seu traballo, escribiu numerosos artigos de investigación como a recompilación de artigos como Notas viejas galicianas (1927) ou Diccionario de Artistas que florecieron en Galicia en los séculos XVI y XVII (1930). E tamén artigos para xornais, como por exemplo, para La Voz de Galicia.

O seu interese polo mundo da arquivística levouno a ordenar e catalogar numerosos arquivos públicos e privados, como os do Concello de Santiago de Compostela ou o da Catedral. No eido investigador, sacou á luz numerosos datos sobre a historia da cidade de Compostela, que se descoñecían ata o momento.

Trala súa morte, foi enterrado no cemiterio de Boisaca xunto a outros persoeiros ilustres como Ramón María Valle-Inclán. Hoxe podemos ver unha placa conmemorativa na súa vivenda de nacemento, na rúa Patio de Madres nº13.

Bibliografía:

VILANOVA, A.: Pablo Pérez Costanti. GALICIA EMIGRANTE, Ano V, Nº 32, Páx. 10-12. Bos Aires, 1957-58.

Recuperado de: http://www.albertovilanova.com/Publicaciones/articulo/108/PABLOPREZCOSTANTI195758 (consulta 5 de maio de 2020)

Imaxes:

  1. Pérez Costanti: Vida gallega : ilustración regional: Ano XXI Número 419 - 1929 xullo 20, Copia dixital en Galiciana marcado como dominio público, para máis detalles véxase CC0 1.0