Ramón Piñeiro

1.Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara), e finado en Santiago de Compostela, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais protagonistas da reconstrución da cultura e entidade galegas, despois da Guerra Civil, que rematara por desfacer todo.

Nome completo: Ramón Piñeiro López

Datas: 1915-1990

Lugares: Láncara, Lugo-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Política; Lingüística; Filosofía

Grupo asociado: Real Academia Galega

Ocupación: Políticos; Filósofos; Escritores

Xénero: Home

Lingua: Galego

A súa afirmación política, vinculada ao galeguismo, descóbrea durante un mitin da República, durante a campaña electoral, e a partires dese momento, o seu sentimento galeguista comeza a aflorar.

Participa na fundación das Mocidades , as organizacións xuvenís do Partido Galeguista, que fan que Piñeiro comece a ter contacto con outras realidades, o mundo da intelectualidade . . . e sobre todo, a coñecer persoeiros que rematarán por influír na súa obra, xente como Otero Pedrayo, Castelao ou Luís Pimentel, entre outros, que o vinculan cun activismo politizo – cultural moi activo e presente na realidade compostelá.

Nos anos 50, publica varios ensaios, como por exemplo, “ Significado Metafísica da Saúde “ ou “ A saudade de Rosalía”

Có comezo da Guerra Civil, é vítima de varias denuncias por parte de defensores do réxime que levan a que sexa buscado pola policía política do Franquismo, pero, finalmente, coa axuda dalgunhas persoas, conseguiu escapar, e non chegou a ser detido.

Mencionábamos anteriormente, esa reconstrución do galeguismo que e produce despois da Guerra, pois a súa forte vinculación coa causa, lévano a viaxar a diferentes partes de Europa, entre elas, París, onde chega a reunirse có goberno republicano no exilio, e ao volver, a súa sorte remata e é condenado a 6 anos de cárcere.

No ano 1959, chega a fundar, unha das editoriais galegas máis importantes até o momento, a Editorial Galaxia, nun desexo de darlle cobertura legal á lingua galega. Unha editorial da que sería director, levándoo finalmente, a formar parte da Real Academia Galega.

Nos anos 80, convértese no primeiro presidente da cultura galega, un cargo que ocúpaa até o día da súa morte.

Sen dúbida, estamos antes un dos máis destacados representantes, da tendencia política social-demócrata, pero cun claro sentimento galeguista, cuestión exemplificada coa súa defensa do Estatuto de Autonomía, recorrendo rexións galegas para tentar facer campaña a favor.

Dentro do seu papel de escritor, non atopamos unha obra moi abundante, e a que existe soe xirar arredor dun tema moi vencellado a Galicia, como é “ a saudade”.

Tralo paso da Transición política española, Piñeiro, chegará a formar parte do primeiro parlamento autonómico ao ser deputado pola provincia de A Coruña. Independente, pero dentro do PsdG.

Os seus obxectivos estaban moi claros, avogaba por unha galeguización da sociedade, a través do fortalecemento das xeracións novas, facendo que estas sentiran un aprecio real pola cultura galega para poder preparalas para ese proceso de Transición, unha cuestión básica para Ramón Piñeiro, máis unha cuestión, que non apoiaba todo o galeguismo.

Bibliografía:

  • ALONSO MONTERO, Xesús (2009): Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Mos, Galaxia.

  • CASARES, Carlos (1996) Ramón Piñeiro. Centro de Investigacións Políticas e Literarias Ramón Piñeiro

  • López Girgado, Luis, Ramón Piñeiro López, en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/) (consulta 3 de maio de 2020)

  • Real Academia Galega. Letras Galegas. Ramón Piñeiro. En: https://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/13430 (consulta 3 de maio de 2020)

Imaxes:

  1. Ramón Piñeiro: Fotografía recortada dunha publicación, copia dixital en Galiciana baixo licencia CC BY-NC-ND 4.0