Aymeric Picaud

1.Ilustración do Códice Calixtino

Aymeric Picaud foi un clérigo (nado en Poitou, Francia) do século XII. Secretario do Papa, atribúeselle a autoría do libro número V do Codex Calixtinus, onde se narra unha experiencia de peregrinación dende Francia ata a cidade de Compostela.

A importancia deste relato radica na forma de redactalo e na súa finalidade, pois aparece como unha narración en primeira persoa como se fose unha guía de viaxe. Ademais, recolle consellos para os peregrinos, especialmente franceses.

Nome completo: Aymeric Picaud

Datas: Século XII

Lugares: Parthenay le Vieux, Poitou, Francia

Campo de actividade:

Grupo asociado:

Ocupación: Peregrinos; Monxes

Lingua:

Este manuscrito foi escrito entre os anos 1135 e 1140. Existen autores que defenden a autoría total deste clérigo, engadindo, según autores como Walter Muir Whitelhill, que podería ser o compilador de toda a obra. Outros autores como Jacopo Caucci von Saucken atribúenlle os libros I e V asumindo que parecen escritos por unha mesma persoa.

Nos últimos anos, comezouse a poñer en cuestión a súa autoría total pero, en ningún momento dubídase da súa participación na redacción. Ao longo da obra só se lle cita como autor de parte do texto, para ser máis exactos, duns versos ao final da compilación.

Só se coñece outra cita a este personaxe, unha carta do Papa Inocencio II, na que se confirma que entrega o Códex á catedral de Santiago de Compostela xunto coa súa compañeira Gerberga de Flandes. Esta mención a Gerberga dá a entender a súa coautoría no Liber Sancti Jacobi.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Ilustración do Códice Calixtino: anónimo, Codex Calixtinus (Liber Sancti Jacobi) F0173k, marcado como dominio público, para más detalles véase Wikimedia Commons