Santiago Pemán

1.Santiago Pemán

Santiago Pemán naceu na rúa de Altamira, en Santiago de Compostela, o 7 de abril de 1936.

Xogaba cos seus compañeiros na praza de San Agustín. Seu pai era propietario da empresa Pinto y Pemán S.A., que tiña un almacén de tecidos en Santiago e outro en Ourense. A súa educación académica comezou na escola de Rosario e Gloria Revestido. Logo foi á de dona Lourdes, na praza de San Agustín, ata cursar o Bacharelato en Barcelona, onde o seu pai o enviou interno. Na Cidade Condal permaneceu dende 1946 ata 1951.

Nome completo: Santiago Pemán García

Datas: 1936-

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Meteoroloxía

Grupo asociado: Radio Televisión de Galicia

Ocupación: Meteorólogos

Lingua: Galego

Á súa volta a Compostela, comezou a estudar comercio, mais ao ano seguinte faleceu o seu pai reprentinamente e víuse na obriga de traballar no almacén. Seguiu cos seus estudos, rematándoos tres anos despois co título de Perito Mercantil. A pesar de obter o título, a Santiago Pemán o que lle gustaba era voar, dado que quedaba impresionado cada vez que os avións militares surcaban o ceo azul da rúa de Altamira.

O remate dos seus estudos de Comercio coincidiu coa posta en marcha en Compostela da Escola de Pilotos do Aero Clube de Santiago na que Pemán foi o máis novo en inscribirse. Dende o aire, foi onde comezou a interesarse polos fenómenos meteorolóxicos. Comezou a súa carreira profesional como inspector de voo e piloto. No ano 1955 obtivo o título de piloto, nun momento no que o traballo do almacén de tecidos comezaba a minguar pola competencia e transformación industrial da confección. Deste modo, conseguíu unha praza no observatorio do aeroporto de Compostela. Nunca cursou estudos de Meteoroloxía, mais no ano 1961 ofrecéronlle unha praza no Servicio de Meteoroloxía por unha amizade común con outro piloto.

- O home do tempo

En febreiro do ano 1986 entrou na TVG, a Televisión de Galicia, nos comezos da televisión galega, o que conlevou a que se fixese famoso na comunidade. Dende entón, foi o home do tempo da TVG durante 25 anos, ata os comezos do século XXI. Na actualidade, mantén unha colaboración coa Radio galega, onde dá o tempo no mar e tamén realiza algunhas colaboracións con programas autonómicos, como por exemplo o Luar.

A súa maneira de dar o tempo marcou un estilo, dado que é atípico e popularizou palabras pouco coñecidas fóra de certos ámbitos profesionais, especialmente as relativas ao mundo do mar. Ademais, entre as características que o definen, cabe sinalar que difundíu docenas de refráns sobre o tempo e realizou as predicións meteorolóxicas cunha linguaxe sinxela, sen tecnicismos e recurrindo en contadas ocasións á sabedoría popular. Asimesmo, explicou o comportamento do tempo baseándose nas distintas fases lunares e as témporas, un sistema da época romana que permite facer pronósticos observando o ceo en determinados días. Tamén fixo famosa despedida “Ata mañá” para pechar as súas intervencións.

A súa filla Helena, nacida en 1962, continuou o seu labor mais ela si que estudou Físicas e espealizouse en Meteoroloxía.


Bibliografía:

  • ALVARELLOS, Quique: Territorio auroral: 36 memorias vivas de Compostela. Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago, 1997. p. 193-198

Imaxes:

  1. Santiago Pemán: