José Pasín Romero

1. Xosé Pasín

Xosé Pasín Romero (Santiago de Compostela, 1878-1960) foi un sindicalista e político galego, ao que poderiamos considerar un dos impulsores do sindicalismo obreiro en Galicia.

Nome completo: José Pasín Romero

Datas: 1878-1960

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Ebanistería; Política; Xornalismo; Sindicalismo

Grupo asociado:

Ocupación: Ebanistas; Políticos; Xornalistas; Sindicalistas

Lingua:

As súas orixes son humildes, traballando como ebanista e unido ao republicanismo federal, tendencia política que, en parte, dirixirá a súa vida. Tanto é así, que unha das súas primeiras actuacións foi a creación da Federación de Obreiros y Agricultores de Santiago y pueblos comarcanos co obxectivo de tentar defender e unir aos traballadores composteláns. Esta faceta completouse coa fundación de diferentes xornais que reivindican a causa obreira, como La defensa social ou Lucha Social.

As súas andainas políticas levárono ao cárcere, no castelo de San Antón, despois da folga xeral do ano 1917, convocada pola grave situación económica do país despois da I Guerra Mundial.

Todos estes factores fixeron que se convertise nun dos vértices básicos do obreirismo galego, chegando a ser no ano 1909 o primeiro concelleiro obreiro da cidade de Santiago de Compostela e máis adiante, no ano 1931, chegar ao cargo de tenente alcalde.

Dende ese posto fomentará diferentes estratexias para o mundo obreiro nas que el participaba, como as folgas de ramo, de oficio, que tiñan un obxectivo moi básico, tentar manter a solidariedade e un forte sentimento gremial. Exemplo da súa actividade é que durante o ano 1920, producíronse 32 folgas na cidade, unha cifra excepcional.

Un dos máximos obxectivos de Pasín, e os dun gran grupo de militantes obreiros que se foron creando a partires da súa figura, era o da unión de obreiros en federacións, pero tentando que o movemento agrarista e o obreiro fosen da man e actuasen conxuntamente para poder paralizar os sectores máis importantes para a vida e a economía da cidade.

A súa actividade dende o espectro político, fará que se lle coñeza co nome de “ o representante da quinta cidade”, esa Compostela artesá, operaria e socialmente marxinada con respecto a esas clases notables que acadaban todo o prestixio e facilidades.

O seu obxectivo era achegar aos barrios os mesmos servizos que tiña o centro da cidade, saneamento, traída de augas . . . Toda unha serie de servizos que chegaron a destempo, facendo que todas esa poboación se vise afectada.

Co paso do tempo, achegouse a formulacións do sindicalismo revolucionario e ao anarcosindicalismo, cuestións que van medrando na súa conciencia, igual que o mundo da cultura e da arte que, cada vez, lle preocuparán e se interesará máis por eles. Isto fará que sexa un dos primeiros afiliados ás Irmandades da Fala, tendo grandes relacións cos persoeiros e intelectuais do momento.

A súa vida como concelleiro non rematará ata a ditadura de Primo de Rivera. Volveu ser elixido concelleiro en 1931, nas municipais que trouxeron a Segunda República, formou parte da Federación Republicana Galega e chegou a ser primeiro tenente-alcalde ata a súa expulsión do Concello en 1934.

Co golpe de xullo do 1936, será perseguido e varios falanxistas tentarán detelo pero non o capturaron e estivo fuxido durante 3 anos polas aldeas dos arredores. Dous dos seus fillos foron asasinados e outro, Luis, salvouse.

Faleceu en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 1960.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Xosé Pasín: Arquivo persoal de Luís Pasín. Nomes e Voces. Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España de Creative Commons.

PENDIENTE ENLACES

Enlaces a datos e catálogos