Eduardo Parrado Conde

1.Parrado traballando no cruceiro de Belvís

Eduardo Parrado foi un escultor natural de Santiago de Compostela. Naceu o 5 de xaneiro de 1921 no Hospital dos Reis Católicos, o actual Hostal, e faleceu o 7 de maio de 2003, deixando a cidade de Santiago chea de escudos, cruceiros e bustos.

Criouse sendo o menor de tres irmáns no barrio de San Caetano, en cuxa igrexa pasou moitas horas observando as súas pinturas e esculturas. Con sete anos, fixo a súa primeira escultura para a súa nai, e desta forma, a súa familia descubriu que tiña talento.

Nome completo: Eduardo Parrado Conde

Datas: 1921-2003

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Escultura

Grupo asociado:

Ocupación: Escultores

Lingua: Castelán

Matriculouse na Escola-Taller de San Clemente no ano 1933 e nel permaneceu ata 1937. Trasladouse cara á Escola-Taller Mestre Mateo, hoxe Escola de Artes e oficios Mestre Mateo onde foi alumno do gran escultor galego Francisco Asorey. A partir de aquí, traballará como discípulo de Asorey, posto que manterá durante dezaseis anos. A primeira obra que fixo xunto ao seu mestre foron uns capiteis para o Centro Gallego de Buenos Aires.

Tras rematar os seus estudos en 1943, abre o seu taller onde comezou a traballar nos escudos da Residencia de Estudantes de Santiago, os do Ximnasio e remata os da Facultade de Químicas no novo taller de Santa Marta, ao que se traslada en 1954.

No seu taller de Santa Marta continuaría durante o resto da súa vida, traballando fundamentalmente granito e mármore, pero tamén tratou a madeira e o bronce. Deixou innumerables obras en Compostela, en Galicia, España e nalgunhas cidades do estranxeiro. O concello de Santiago de Compostela deulle a unha praza o seu nome a petición dos seus veciños de Santa Marta.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Parrado traballando no Cruceiro de Belvís: La Noche: Año XLI Número 12323 - 1961 marzo 14, p. 8, Copia dixital en Galiciana marcado como dominio público, para máis detalles véxase CC0 1.0

Enlaces a datos e catálogos