Salvador Parga Torreiro

1.Salvador Parga

Salvador Parga Torreiro foi un avogado e político galega da Restauración, que ocupou un dos maiores órganos de representación política.

A súa andaina comeza coa carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde posteriormente é nomeado catedrático polas súas evidentes aptitudes e cualificacións.

Nome completo: Salvador Parga Torreiro

Datas: 1838-1901

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Dereito; Política

Grupo asociado: Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago

Ocupación: Avogados; Políticos

Lingua: Castelán

Foi elixido presidente da Academia Compostelá de Xurisprudencia e da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, dúas institucións con gran renome para a época, polo que ocupar os seus postos directivos supoñía un gran traballo e responsabilidade, xa que unha da súas funcións principais era a de combater o atraso económico a nivel local e provincial.

No centro do seu traballo, situábanse temas e problemas que eran moi representativos para a sociedade galega, como as tarifas aduaneiras ou os problemas derivados da exportación de gando vacún ao estranxeiro, unha práctica que, en ocasións, supoñía unha carga excesiva para a poboación rural e agrícola galega.

O seu afán político levouno a ocupar o posto de Senador en representación das sociedades económicas do Noroeste ou do Distrito de León , sendo elixido durante anos sucesivos ata a súa morte, no ano 1901. Un posto polo que loitou duramente, despois de non saír elixido en varias ocasións, o que o levaron a defender con firmeza o papel da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa carreira parlamentaria, comezou moi activamente, participando de xeito extraordinario nas primeiras lexislaturas mais foi decaendo notablemente cara ao final, e a súa participación foi cada vez máis reducida.

Durante todos estes anos como Senador, terá un arduo labor por favorecer a modernización socio-económica do país a nivel local, sendo por exemplo, un dos primeiros en reivindicar o sufraxio feminino en España e Europa no ano 1870, durante o discurso inaugural do curso académico 1870-1871.

A súa importancia dentro da cidade de Santiago, levou a que a Sociedade Económica de Amigos Del País, sociedade que el presidiu, propuxese que unha praza da cidade levase o nome de Salvador Parga Torreiro, un lugar idóneo para representar a unha importante figura da política galega da Restauración.

2. Praza Salvador Parga

Bibliografía:

  • VALDÉS HANSEN, Felipe (2009). El Senador Salvador Parga Torreiro (1838-1901). Cuadernos de Estudios Gallegos, LVI, 122, p. 333-370. Recuperado de: https://doi.org/10.3989/ceg.2009.v56.i122 (consulta 6 de maio de 2020)

  • VALDÉS HANSEN, Felipe, Salvador Parga Torreiro, en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/)

Imaxes:

  1. Salvador Parga: Autor descoñecido, Salvador Parga Torreiro, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons

  2. Praza Salvador Parga: Arquivo Biblioteca Pública Ánxel Casal