Ramón Pardiñas

1.Ramón Pardiñas

Ramón Pardiñas (Santiago de Compostela 1802- Maella, Zaragoza 1838) foi un militar e político español que faleceu en combate na Primeira Guerra Carlista.

Tivo cunha impecable carreira militar que o levou a ser subtenente en 1816, capitán en 1826 e tenente coronel en 1828.

Nome completo: Ramón Pardiñas Villardefrancos y Taboada

Datas: 1802-1838

Lugares: Santiago de Compostela-Maella, Zaragoza

Campo de actividade: Política

Grupo asociado:

Ocupación: Militares; Políticos

Lingua: Castelán

Tocoulle un período bastante convulso para vivir, o reinado de Fernando VII, defendendo a cidade de Lugo e marchando ata Santiago, onde estivo destinado, ata a súa marcha a Madrid para formar parte da Garda Real.

Tras o falecemento do monarca, defendeu a Isabel II ante os carlistas, foi nomeado comandante de Asturias e organizou a súa defensa ante os requetés en 1836. Ao ano seguinte, foi nomeado brigadier. Tamén realizou labores políticos e foi elixido deputado polas circunscricións da Coruña e Pontevedra, a primeira en 1834 e a segunda durante a lexislatura de 1837.

Tras a súa participación na Batalla de Castril fronte aos carlistas, en 1838, considerada unha das máis sanguentas do momento, foi elevado ao cargo de mariscal de campo.

Ese mesmo ano tería lugar a Batalla de Maella, localidade zaragozana, ante tropas carlistas baixo o mando do xeneral Cabrera. Unha batalla de inmensas proporcións tanto a nivel militar como de baixas, onde as tropas de Pardiñas tomaron a iniciativa pero non foron capaces de derrotar aos carlistas que, tras a morte do xeneral Pardiñas, obrigaron ás tropas a retirarse. Medio millar de militares foron feridos ou mortos e case máis dun centenar foron feitos presos fronte a máis de duascentas baixas carlistas.

Ramón Pardiñas faleceu en Maella con tan só 36 anos e cunha impoluta traxectoria militar.

Catro anos máis tarde, o seu corpo foi trasladado a Compostela, onde recibiu sepultura. Hoxe en día, unha das rúas máis importantes do Ensanche compostelán leva o seu nome.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Ramón Pardiñas: Pardiñas-panorama.jpg: Panorama Español obra derivada: Leoplus (talk), Pardiñas-detalle, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons