Ramón Otero Pedrayo

1.Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) foi un escritor e intelectual galego, considerado en ocasións, o Patriarca das Letras Galegas dada a súa importancia dentro do panorama social e intelectual da época.

Para entender a súa figura, temos que ter en conta a súa pertenza a ese importante grupo que foi a Xeración Nós, xurdida no ano 1920, arredor da revista do seu mesmo nome. Un grupo que rematou por outorgarlle á cultura galega unha gran relevancia. Otero Pedrayo comprometeuse con Galicia cultural e politicamente, establecendo unha relación directa co galeguismo máis vencellado á defensa dos principios e valores do campesiñado.

Nome completo: Ramón Otero Pedrayo

Datas: 1888-1976

Lugares: Ourense-Ourense

Campo de actividade: Literatura; Política; Xeografía

Grupo asociado: Editorial Galaxia; Seminario de Estudos Galegos; Irmandades da Fala; Grupo Nós; Real Academia Gallega

Ocupación: Profesores; Xeógrafos; Políticos; Escritores

Lingua: Castelán; Galego

Traballou distintos xéneros pero, sobre todo, é necesario recalcar a súa novela cun claro compromiso social en relación cos mundos da marxinalidade e da propia Galicia, na súa condición de comunidade “esquecida”.

Ademais disto, os estudos que realizou dende a súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela, permítenlle dar lugar a obras que interpretan de xeito moi característico a realidade xeográfica galega.

O seu lado máis político lévao a militar no Partido Galeguista, cun compromiso ideolóxico que o fai percorrer o territorio galego dando mitins, mostrando as súas grandes dotes oratorias e converténdose, así, nun personaxe simbólico para a época.

No ano 1931 foi elixido deputado pola Federación República Gallega no distrito de Ourense, e participou activamente na aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia. O estalido da Guerra Civil causaralle problemas como a expulsión da súa cátedra.

Publicou obras de diferentes xéneros, narrativa, teatro, poesía, ensaio e inclusive biografías. Algúns exemplos son Arredor de si (1939), Os camiños da vida (1928), Os contos do camiño e da rúa (1932) ou O señorito da reboina ( 1969)

Probablemente, o seu momento de maior esplendor foi durante a II República, cuns obxectivos estratéxicos na afirmación da cultura e identidade galega, a reivindicación do uso do galego, chegando a construír, xunto co labor dos demais intelectuais da época, a cultura galega da modernidade, adaptada ás realidades do momento.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Otero Pedrayo: Autor descoñecido, Ramón Otero Pedrayo, 1928, Ruínas de San Domingos, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons