Roberto Nóvoa Santos

1.Roberto Nóvoa

Roberto Novoa Santos (A Coruña, 1885- Santiago de Compostela, 1933) foi un médico e pensador que tivo un importante papel na modernización da práctica e da ensinanza da Medicina en España a comezos do século XX, chegando a converterse no maior referente desta materia en Galicia.

Nome completo: Roberto Nóvoa Santos

Datas: 1885-1933

Lugares: A Coruña-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Medicina; Ensino; Política

Grupo asociado: Real Academia Galega

Ocupación: Médicos; Catedráticos; Políticos

Lingua: Castelán

O seu labor comeza nos anos da Universidade, onde inicia os seus estudos de Medicina. Cando os remata, decide deixar Santiago e irse a Ferrol, onde instalou unha consulta privada. Despois de Ferrol chegou A Coruña, por un breve período de tempo.

Finalmente, integrarase na Facultade de Medicina como interino, o que lle permitrá viaxar por toda Europa e rematar a súa formación como médico en diferentes centros europeos; algúns deles, de gran prestixio, como a súa estancia na Clínica Médica da Universidade de Estrasburgo.

A consecución da súa cátedra en Madrid fixo posible que toda unha serie de mozos galegos chegasen á capital de España para poder rematar ou realizar os seus estudos. Nóvoa Santos demostraba así a súa importante influencia dentro da élite madrileña.

Tamén reflectiu todo o seu saber nalgunhas obras que permitiron a revisión de diferentes temas ou disciplinas. Un exemplo disto é o seu importante labor na renovación da Patoloxía Xeral en Galicia, cando coa súa obra Manual de Patología permitiu que chegase ás aulas unha disciplina renovada e de maior calidade. Tamén pronunciou conferencias en países como Cuba, Arxentina ou Uruguai.

Nóvoa Santos chegou a publicar arredor de 300 traballos, participou en numerosas entrevistas de divulgación científica e resalta o seu papel no estudo de enfermidades relacionadas coa diabetes e co fígado, con grandes aportacións tamén no mundo da Neuroloxía.

Ademais do plano clínico, Nóvoa Santos será un dos primeiros comentaristas da obra de Freud, onde ten un papel preponderante a influencia do pensamento psicolóxico sobre a patoloxía humana.

Á súa formación académica temos que engadirlle un forte arraigo político que o levarán a compartir o ideario anarquista, facendo que as súas posturas fosen contestadas por todos aquelas clases e grupos sociais máis conservadores do momento. Chegou a ser deputado polo Distrito Santiago–Padrón na Deputación Provincial da Coruña e, como tal, fixo a proposta de integrar o Hospital Provincial na Facultade de Medicina, cuestión que provocou un gran debate social na cidade entre os que apoiaban esta proposta e os que non.

Roberto Nóvoa Santos rematou por facerse un oco dentro dos máis importantes sectores da intelectualidade e comunidade científica española e converteuse nunha das personalidades máis brillantes do século XIX e un dos maiores especialistas da Medicina galega.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Roberto Nóvoa: Vida gallega : ilustración regional: Ano XIX Número 363 - 1927 decembro 30, p. 35. Copia dixital en Galiciana, marcado como dominio público, para máis detalles véxase CC0 1.0