Uxío Novoneyra

1 Novoneyra en 1963

Uxío Novoneyra foi un poeta e escritor galego nacido o 19 de Xaneiro de 1930 en Parada, na parroquia de San Xoán de Seoane do Courel, lugar que marcaría os seus versos e falecido en Santiago de Compostela no ano 1999.

Fixo o bacharelato en Lugo, lugar onde coñecería a Manuel María e frecuentaría as tertulias dos intelectuais da cidade.

Nome completo: Eugenio Novo Neira

Datas: 1930-1999

Lugares: Folgoso do Caurel, Lugo-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura

Grupo asociado:

Ocupación: Escritores; Poetas

Lingua: Galego

En 1949 comezou a carreira de Filosofía e Letras en Madrid, e publicou, tamén nesta época, os seus primeiros poemas en castelán. En 1952 tivo que facer o servizo militar obrigatorio, sendo destinado a varias cidades de Galicia como Santiago, na que coñecería algunhas figuras do galeguismo como Carlos Maside e Ramón Otero Pedrayo. Este encontro puido ser o que lle conduciu a profesar esa ideoloxía e a tomar a decisión de escribir só en galego.

O seu momento no galeguismo chegaría cando, durante un ciclo de conferencias organizado por Manuel Beiras para dar a coñecer a poesía galega, Novoneyra liu uns textos en galego de Ramón Pedrayo en voz alta, sendo a primeira vez que iso se facía dende a Guerra Civil.

En 1962 regresou a Madrid, onde participou en varios programas sobre poesía galega e española en radio e televisión, entrando en contacto tamén co grupo Brais Pinto. Volveu a Galicia pola enfermidade dos seus pais, e xa non saíu dela polo resto da súa vida.

En 1973 casou con Elva Rei, a muller que coidou aos seus pais, e tivo tres fillos con ela. A súa residencia moveríase entre Lugo e o Courel ata que en 1982 foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, instalándose de maneira permanente en Santiago en 1983. Morreu nesta cidade o 30 de outubro de 1999.

A súa obra literaria foi moi numerosa e destacan Os eidos, a compilación erótica-amorosa Muller pra lonxe e a súa triloxía de contos infantís composta por O cubil do xabarín, Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. En 2010 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Novoneyra: La Noche: único diario de la tarde en Galicia: Ano XLIV Número 12827 - 1963 xaneiro 17 p. 3. Copia dixital en Galiciana, marcado como dominio público, para máis detalles véxase CC0 1.0