Antonio Neira de Mosquera

1.Neira de Mosquera

Antonio Neira de Mosquera (Santiago de Compostela, 1818-A Coruña, 1854) foi un escritor e xornalista galego, nacido en Santiago de Compostela e coñecido como un dos iniciadores do Rexurdimento.

A súa traxectoria iníciase, coa colaboración en diferentes xornais, ademais de chegar a dirixir El Eco de Galicia.

Nome completo: Antonio Neira de Mosquera

Datas: 1818-1854

Lugares: Santiago de Compostela-A Coruña

Campo de actividade: Literatura; Xornalismo

Grupo asociado: Romanticismo; Academia Literaria de Santiago

Ocupación: Escritores; Xornalistas; Dramaturgos

Lingua: Castelán

A súa paixón polo mundo da literatura comezou cando era moi novo. Inicialmente, a súa carreira como escritor dirixiuno ao mundo dos estudos históricos, políticos e literarios, sobre a instrución pública en España; é dicir, realidades do momento que fosen susceptibles de ser estudadas dende unha nova perspectiva.

Un dos puntos máis importantes da súa carreira chegou coa súa incorporación á Real Academia Galega, un feito que o levará a coñecer o mundo intelectual compostelán.

A pesares de non escribir en galego, foi un dos mais salientables fomentadores culturais do primeiro grupo provincialista. Unha ideoloxía que rematará por dar lugar ao posterior rexionalismo, tan importante na política e sociedade galegas.

As súas practicas levárono a pertencer á Academia Literaria de Santiago de Compostela, cun funcionamento moi similar ao Liceo de Madrid e pola que pasaron numerosos persoeiros da cidade. Rematou por tomar conciencia política, en parte, polos círculos liberais nos que se movía. Unha cuestión moi presente nos seus artigos xornalísticos e dende o inicio da súa actividade intelectual.

Ademais do mundo xornalístico, tamén estreou dramas históricos, coleccións de novelas breves , contos, etc. Cabe resaltar, El día 24 de Julio de 1840 (1840), El moribundo (1841), La marquesa de Camba y Rodeiro (1845) El reinado de las musas (1851).

Toda unha serie de producións que mostran a súa importancia na literatura española do Romanticismo e que fixeron que unha rúa de Compostela leve o seu nome, facendo que a súa figura estea sempre no maxín dos composteláns.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Neira de Mosquera: Dibuxo:José Fernández Cuevas creator QS:P170,Q20740446 Gravado:Arturo Carretero creator QS:P170,Q15982477, Antonio Neira de Mosquera, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons