Pedro Muñiz

1. Lápida de Pedro Muñiz

Pedro Muñiz (Brión, s. XII-Santiago de Compostela, 1224), apodado O Nigromante, foi un arcebispo de Santiago de Compostela entre 1207 e 1224. Consagrou a catedral románica no ano 1211 en presenza de Afonso IX.

Ocupou desde unha idade moi temprana diversos cargos eclesiásticos, chegando a ser bispo de León no ano 1205. Dous anos despois, foi nomeado arcebispo de Santiago tomando o nome de Pedro IV e facendo valer a súa amizade co Papa Inocencio III para conseguir boas concesións para a cidade.

Nome completo: Pedro Muñiz

Datas: ?-1224

Lugares: Brión, A Coruña-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Relixión

Grupo asociado: Catedral de Santiago

Ocupación: Arcebispos

Lingua:

Pedro Muñiz foi unha persoa activa no social, cultural e relixioso, favorecendo ás ordes mendicantes, os estudos de Humanidades e buscando ilustrar ao clero. Ademais, durante o seu mandato suavizouse o férreo control eclesiástico sobre a cidade.

Tiña fama de nigromante, de que estaba versado en ocultismo e que buscaba a pedra filosofal. Así, a súa figura relacionouse con varias lendas como unha curación milagrosa da febre ou unha viaxe voando de Roma a Santiago. Segundo o escritor e eclesiástico López Ferreiro non existe ningunha proba fehaciente coa que se lle poida achacar a práctica da nigromancia, sendo o máis probable que a súa fama de "bruxo" fose debida á elocuencia e inteligencia demostrada ao longo da súa vida.

Os seus restos están situados ao pé do Pórtico da Gloria, diante do santo dos croques e cubertos por unha lápida de bronce. Foi sucedido no cargo por Bernardo II

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Lápida de Pedro Muñiz: DARTORIUS, Tumba pedro muniz, CC BY 3.0

Enlaces a datos e catálogos