Manuel Murguía

1.Murguía

Manuel Murguía (Arteixo, 1833 - A Coruña, 1923) foi un historiador e escritor galego, recoñecido coma un dos máis importantes referentes do Rexurdimento da cultura e lingua galegas, ademais de ser fundador da Real Academia Galega (RAG) no 1906, que presidiu ata a súa morte.

A pesares de nacer en Arteixo, desenvolveu a maior parte da súa vida en Santiago de Compostela, o que lle permitiu realizar estudos en Humanidades, Latín e Farmacia. Estudos que abandona para poder adicarse plenamente á poesía e á investigación, as súas maiores paixóns.

Nome completo: Manuel Antonio Martínez Murguía

Datas: 1833-1923

Lugares: Arteixo, A Coruña-A Coruña

Campo de actividade: Historia; Xornalismo

Grupo asociado: Real Academia Galega

Ocupación: Arquiveiros; Historiadores; Escritores

Lingua: Galego; Castelán

A súa relación coa intelectualidade galega, permítelle coñecer a persoas como Eduardo Pondal, Alfredo Brañas ou Rosalía de Castro, que lle achegan a realidade política e social do momento, levándoo a a publicar a súa primeira obra, con tan só 17 anos, Desde el Cielo, ademais de realizar numerosas achegas en diferentes xornais e revistas da época.

A relación con Rosalía de Castro remata co seu casamento, que se produce no ano 1858 en Madrid, converténdose nunha das parellas máis representativas para o maxín popular galego.

2.Murguía e Rosalía

No eido político, a súa relación con Alfredo Brañas serviu de base para o xurdimento e consolidación do pensamento e corrente rexionalista, sobre todo nun proxecto conxunto chamado La Patria Gallega, un boletín onde se deron os principios deste movemento. É de gran importancia a súa figura xa que, coa evolución do rexionalismo, deu lugar ao nacionalismo máis contemporáneo.

Ademais disto, coa súa obra Historia de Galicia, publicada no ano 1873, Manuel Murguía, ten o mérito de ser o principal elaborador dun mito esencial para a cultura galega, como foi o mito celta, identificando ao pobo galego cunha raza específica e superior.

Finalmente, e dada a súa relevancia, foille adicado o Día das Letras Galegas no ano 2000 para fomentar e difundir a importancia da súa figura.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Murguía: Autor descoñecido, Manuel Murguía, Faro de Vigo, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons

  2. Murguía e Rosalía: Juan Palmeiro e fillos, Rosalía e familia por Juan Palmeiro e fillos, A Matanza. 1883-4, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons