Marta Moreiras

1.Marta Moreiras

Marta Moreiras é unha fotógrafa de proxección internacional nacida en Santiago de Compostela no ano 1981. Actualmente vive en Dakar (Senegal) pero viviu en cidades como Madrid, Barcelona ou Londres.

Estudou Audovisuais e Xornalismo e en 2009 trasladouse a Londres onde realizou un Máster en Fotoperiodismo e Fotografía Documental no London College of Communication.

Nome completo: Marta Pérez Fernández

Datas: 1981

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Fotografía; Fotoxornalismo

Grupo asociado:

Ocupación: Fotógrafos

Lingua: Castelán; Galego; Inglés

Web: http://www.martamoreiras.com/home/

Instagram: https://www.instagram.com/martamoreiras/

Linkedin: https://es.linkedin.com/in/martamoreiras

Moreiras recorda a etapa na que viviu durante sete anos en Londres como inspiradora e que lle serviu para ter unha nova perspectiva e unha forma de traballar máis colaborativa e experimental.

Tras quince anos fóra de Galicia, Moreiras regresou para desenvolver un proxecto persoal na súa terra,

Moreiras trata a fotografía como unha forma de explorar o mundo, as consecuencias da globalización e os aspectos que máis lle interesan e preocupan como a educación, a saúde, o desenvolvemento sostible, a cultura e o impacto do cambio climático. Utiliza as paisaxes e os valores humanos para definir a cultura e a identidade. Ten realizado talleres de fotografía con distintos colectivos (barrios periféricos de Londres, zonas rurais galegas ou aldeas de Senegal) para formalos, desenvolver a súa creatividade e empoderalos na súa contorna social a través da fotografía.

Marta Moreiras explica que os seus proxectos dependen do momento vital determinado. A súa máxima inspiración atópaa na vida real, as historias aparecen e descubre conexións entre diversos aspectos. As súas influencias fotográficas son abertas, abarcan desde os clásicos (Koudelka ou William Kleim), os contemporáneos (Joel Sternfeld, Stephen Shore) ata actuais (Alex Webb, Sophie Rúa, Tom Hunter).

Á parte da fotografía, Moreiras quere experimentar con multimedia porque ás veces os vídeos poden contar mellor unha historia e unha imaxe en movemento dálle máis valor.

O seu traballo foi exposto a nivel nacional e a nivel internacional en Arxentina, Estados Unidos, Senegal, Brasil ou Portugal.

Entre os obradoiros realizados por Moreiras podemos mencionar Documentary & digital media: #DocImpacto (Las Espigadoras, Madrid) en outubro 2018; Lola Hierro Humanitarian Journalism (Escuela Periodismo El País, Madrid) en marzo 2016; José Luis Guerín Representations of Reality (La Plantación, Paderne, Lugo) decembro 2014; Joan Fontuberta & Pep Bonet Photography: fiction and/or reality? (Es Baluard, Museo de Arte Contemporáneo de Palma de Mallorca) en 2011; Simon Norfolk Looking for Light, (MACUF, A Coruña), en outubro 2012 entre outros.

A súa participación en exposicións comenza desde os 25 anos (2006) na súa cidade natal (Área de descanso, Espacio 48 Gallery) e Mondariz (Agua, Fundación Mondariz Balneario). Son numerosas as exposicións colectivas nas que ten participado: Territorio Expandido (Museu da Industria de Fortaleza, Brasil), Right before our eyes (Visitors Lobby, United Nationes, Nueva York), 15 años (Galería Espacio 48, Santiago de Compostela) ou Finis Terre en Espacio Atlántico Art Fair (IFEVI Vigo).

Realizou catálogos, libros, revistas como Luzes, Colors ou Ronda; tamén traballa para xornais e páxinas web como El País - Planeta Futuro, Diario ABC, La Voz de Galicia, La Región, Eyes on the Earth, Photo Philanthropy, Colors Magazine, The GIZ Magazine entre outros.


Exposicións individuais

  • Pères, OFF Biennale de Dak’Art 2018, Senegal, maio 2018.

  • Living with Hope, Casa dos Direitos, Bissau, decembro 2017.

  • Living with Hope, Centre Culturel Français, Bissau, Guinea Bissau, novembro 2017.

  • Finis Terre, Centro Cultural Marcos Valcarcel, Ourense, xuño 2015.

  • Finis Terre, Outono Fotográfico Festival, Galería Sargadelos Compostela, decembro 2014.

  • Finis Terre, Galería Espacio 48, Santiago de Compostela, maio 2012.

  • Faces of Rajasthan, Centro Cultural El Foment Hortenc, Barcelona, setembro 2008.

  • Suzhou, Galería Espacio 48, Santiago de Compostela, xuño 2008.

  • Essence du Sud, Dellwood Barker Café, Madrid, maio 2006.

  • Azul Austral, La Platina, Madrid, febreiro 2006.


Bibliografía: