Serafín Moralejo Álvarez

1.Serafín Moralejo 1960

Serafín Moralejo Álvarez foi un historiador da arte e catedrático nacido en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1946 e falecido no mesmo lugar o 10 de agosto de 2011.

Moralejo destacou por ser un dos maiores especialistas en escultura da época románica, especialmente no Pórtico da Gloria.

Nome completo: Serafín Moralejo Álvarez

Datas: 1946-2011

Lugares: Santiago de Compostela-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Historia da Arte; Ensino

Grupo asociado: Universidade de Santiago de Compostela;

Ocupación: Historiadores da Arte; Catedráticos

Lingua: Castelán; Galego

Fillo do latinista Abelardo Moralejo Laso e irmán dos filólogos Juan José e José Luis Moralejo, estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, graduándose no ano 1968 cunha tese sobre as portadas do cruceiro da catedral de Santiago. A pesar de ter só vinte anos, neste traballo reconstruíu o programa iconográfico e identificou as distintas mans que contribuíron a realizar a portada norte, a fachada da Acibechería e a portada sur, a de Praterías.

Posteriormente realizou a súa tese doutoral, Escultura gótica en Galicia (1200-1350), na que defendeu que a Catedral de Tui é pioneira na aparición do gótico na Península.

En relación coa escultura románica cabe destacar o seu descubrimento do sarcófago romano de Santa María de Husillos (Museo Arqueológico Nacional), que foi determinante para a creación do estilo da igrexa de San Martín de Frómista e a Catedral de San Pedro de Jaca. Con esta achega demostrou a orixinalidade da arte peninsular fronte a francesa.

Outro ámbito no que destacou Serafín Moralejo foi no estudo da iconografía de varias igrexas como a Catedral de Jaca, a portada do cordeiro da Catedral de León, o sarcófago de Alfonso Ansúrez ou os sepulcros de Pedro de Portugal e Inés de Castro na igrexa do Mosteiro de Alcobaça.

Cabe destacar que foi o primeiro catedrático español na Universidade de Harvard.

Obras:

Ao longo da súa vida escribiu numerosos libros e artículos, entre os que destacan:

  • La primitiva fachada norte de la Catedral de Santiago, en Compostellanum, XIV (1969), págs. 623-668.

  • Escultura gótica en Galicia (1200-1350), Santiago, 1975.

  • Sobre la formación del estilo escultórico de Frómista y Jaca, en VV. AA., Actas del XXIII Congreso Internacional de Historia del Arte (Granada, 1973), I, Granada, 1976, págs. 427-434.

  • Aportaciones a la interpretación del programa iconográfico de la Catedral de Jaca, en Homenaje a don José María Lacarra de Miguel, I, Zaragoza, Universidad, 1977, págs. 173-198.

  • Pour l’interprétation iconographique du Portail de l’Agneau à Saint-Isidore de Léon: les signes du zodiaque, en Les Cahiers de Saint-Michel de Cuxa, VIII (1977), págs. 137-173.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Serafín Moralejo 1960: La Noche : único diario de la tarde en Galicia: Ano XL Número 12102 - 1960 xuño 28, Copia dixital en Galiciana marcado como dominio público, para máis detalles véxase CC0 1.0