Eugenio Montero Ríos

1.Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos Santiago de Compostela. 1832 - Madrid, 1914) foi un político e xurista nacido en Santiago de Compostela que ocupou numerosos cargos durante o goberno de Amadeo I de España (1871-1873) e o da raíña rexente, María Cristina de Habsburgo-Lorena (1885-1902), chegando a ocupar o posto de presidente do Consello de Ministros no ano 1905, aínda que, por presións do monarca, viuse obrigado a dimitir uns meses máis tarde.

Nome completo: Eugenio María Montero Ríos

Datas: 1832-1914

Lugares: Santiago de Compostela-Madrid

Campo de actividade: Dereito; Política

Grupo asociado: Real Academia Galega; Real Academia de la Historia

Ocupación: Políticos; Xuices; Profesores

Lingua: Castelán

A súa formación comeza na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza os seus estudos en Teoloxía e Leis, ocupando a cátedra de Dereito Canónico nas Universidades de Oviedo, Santiago de Compostela e na Central de Madrid.

A súa andaina polo Ministerio de Gracia, o Ministerio de Fomento, o seu cargo de Deputado polo Distrito de Santiago de Compostela, a súa experiencia como Presidente do Senado, fixérono un bo coñecedor dos resortes e da realidade política da época, o que lle permitiu pasar toda unha serie de leis, tildadas de revolucionarias para a época, como a Lei do Matrimonio Civil ou a reforma do Código Penal, entre outras.

A súa figura é vista como un dos resortes do caciquismo existente durante a época da Restauración en Galicia, cunhas ramificacións familiares que permitiron a numerosos membros da súa familia, ocupar altos cargos na Administración.

Estudado por moitos, trala súa morte no ano 1914, unha estatua súa presidiu a Praza do Obradoiro ou Praza de Afonso XII, nese momento, durante anos. Na actualidade, está na Praza de Mazarelos, diante da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.

2.Praza de Mazarelos

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Montero Ríos: Agence Rol creator QS:P170,Q18507700, Eugenio Montero Ríos 1914, marcado como dominio público, para más detalles véase Wikimedia Commons