Pedro de Mezonzo, Santo
Pedro de Mezonzo (Curtis, 930-Santiago de Compostela, 1003) foi bispo de Iria Flavia-Santiago de Compostela.
Trala esmerada educación recibida por parte de seus pais, ingresou no mosteiro de Santa María de Mezonzo. Tras cursar os estudos eclesiásticos, recibiu a ordenación sacerdotal.
Nome completo: Pedro de Mezonzo
Datas: 930-1003
Lugares: Curtis, A Coruña-Santiago de Compostela
Campo de actividade: Relixión
Grupo asociado:
Ocupación: Bispos
Lingua: Latín
Tras pasar polo mosteiro de Sobrado dos Monxes, foi nomeado abade do mosteiro de San Paio de Antealtares. Dende o ano 985 ata a súa morte, foi bispo de Iria Flavia, sede precedente da de Compostela.
Durante o seu pontificado tiveron lugar repetidas invasións dos vikingos, así como campañas islámicas dirixidas por Almanzor. O bispo, coa axuda do rei Bermudo II, dedicouse a restaurar o destruído, especialmente a basílica de Afonso III erixida sobre os restos do apóstolo e a muralla. Ante todo este perigo, atribúeselle a composición da oración Salve Regina, que se converteu nunha das pregarias máis famosas da cristiandade. O seu labor está considerado como un precedente das reformas introducidas na vida relixiosa durante o século XI.
Foi nomeado santo e a súa festividade celébrase o 10 de setembro.
Bibliografía:
LÓPEZ-MAYÁN, M., “Origen y desarrollo de Santiago en época medieval: del locus Sancti Iacobi a la ciudad de Compostela” en VVAA, Historia de Santiago de Compostela, A Coruña: Vía Láctea, 2011.
Llin Cháfer, Arturo, San Pedro de Mezonzo, en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/biografias/25014/san-pedro-de-mezonzo) [consulta [19/02/2020].
GUTIÉRREZ, J.M. (5 de febreiro de 2010) San Pedro de Mezonzo: El obispo compostelano que compuso la Salve. En: La Opinión de A Coruña. Blog Callejero. Recuperado de: https://www.laopinioncoruna.es/blogs/callejero/san-pedro-de-mezonzo-el-obispo-compostelano-que-compuso-la-salve.html [consulta [19/02/2020].
Imaxes:
Escultura en S. Martiño Pinario: Noucho, Setembro 2010 011 San Pedro de Mezonzo, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons
Enlaces a datos e catálogos