Mestre Esteban

1.Fachada das platerías nun gravado de 1868

O mestre Esteban (s. XI-s. XII) foi un mestre de obras que traballou na catedral de Santiago en tempos do arcebispo Xelmírez.

Hai indicios que o sitúan traballando tamén en San Isidoro de León e na catedral de Pamplona. Nesta última, sen confirmar.

Nome completo: Esteban

Datas: 2ª metade S. XI- 1ª metade S. XII

Lugares:

Campo de actividade: Arquitectura

Grupo asociado: Románico

Ocupación: Arquitectos

Lingua:

Na catedral de Santiago de Compostela, os capiteis do cruceiro son obra do mestre Esteban. Crese que pasou a traballar a esta catedral logo de San Isidoro de León, ao falecer o que ata entón era mestre de obras Bernardo o Vello, seguramente pai de Esteban, e por orde de Afonso VI.

Esteban rematou a cabeceira e engadiu dúas capelas. Posteriormente, levou a cabo a construción do cruceiro e das súas capelas, dotándoo da mesma estrutura que as naves lonxitudinais, cunha nave central cuberta por bóveda de canón e dúas laterais cubertas por bóvedas de arista.

Pero a gran obra do mestre Esteban nesta catedral foi a porta das Praterías, que consta de dous arcos con triplos arquivoltas sobre columnas con capiteis e fustes con decoración escultórica. Os tímpanos corresponden a outro autor anterior e o Cristo bendicindo que se atopa na parte central da porta atribúese ao mestre Mateo, autor tamén do Pórtico da Gloria nesta mesma catedral.

O resto das esculturas atribúense ao mestre Esteban e están realizadas en alto relevo, representando apóstolos, profetas, anxos e patriarcas, unhas en mármore branco e outras en granito. As proporcións das imaxes son máis esveltas que as realizadas anteriormente en San Isidoro e a figura de Santiago á beira do Cristo central está labrada case en vulto redondo. O seu rostro, mans e pés é realista e o seu modelado é suave e brando cos mesmos pliegues característicos do mestre.

2. Brazo norte do cruceiro da catedral

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Fachada das Pratarías nun gravado de 1868: Dibuxo:Federico Ruiz creator QS:P170,Q17504819 Grabado:Enrique Laporta Valor creator QS:P170,Q17505630, Catedral de Santiago, fachada das Platerías, de Ruiz, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons

  2. Brazo norte do cruceiro da catedral: Lancastermerrin88, Brazo derecho del crucero de la Catedral de Santiago de Compostela, CC BY-SA 4.0

Enlaces a datos e catálogos