Antonio Machado Álvarez

1.Machado Álvarez

Antonio Machado Álvarez (Santiago de Compostela, 1848 - Sevilla, 1893) foi un escritor, antropólogo e folclorista galego, pai dos célebres irmáns Manuel e Antonio Machado.

Coñecido coma o “Demófilo”, ao pouco de nacer, a súa familia trasládase a Sevilla onde o seu pai, Antonio Machado y Núñez ocupa a Cátedra de Historia Natural da Universidade e será unha gran influencia, xunto coa filosofía krausista de Federico de Castro en Antonio, na súa decisión de como encamiñar os seus estudos.

Nome completo: Antonio Machado Álvarez

Datas: 1848-1893

Lugares: Santiago de Compostela-Sevilla

Campo de actividade: Antropoloxía; Folclore

Grupo asociado: Krausismo; Sociedad Antropológica Sevillana

Ocupación: Escritores; Antropólogos

Lingua: Castelán

En 1869 rematou a carreira de Dereito e dous anos máis tarde, a de Filosofía e Letras traballando como bolseiro na cátedra impartida por Castro.

Realizou colaboracións con varias revistas culturais e será o fundador do diario El obrero de la civilización onde outros krausistas publicarán artigos. Traballará ademais como xuíz e formou parte, dende a súa creación, da Sociedad Antropológica de Sevilla xunto co seu pai, impulsor desta institución .

En 1881 formará a Sociedad del Folclore Español introducindo estudos importantes non só españois senón tamén doutros países, coma os de Gomme ou E. B. Tylor. Continuou publicando traballos neste senso nun un intento de institucionalizalos tamén a nivel europeo, creando un Congreso Internacional ao que non puido asistir por enfermidade. A partir de 1887, realizou principalmente traballos xurídicos e traduciu moitos outros de autores cos que colaborou como Tylor. A súa saúde empeorou.

Foi autor de numerosas memorias heteroxéneas, dende contos e lendas populares ata enigmas e adiviñanzas que se divulgaron incluso por Francia e Italia. Desenvolveu unha idea positivista aplicando a cientificidade aos seus traballos dentro dun contexto sociolóxico e foi pioneiro do uso metodolóxico da información, da súa clasificación e da súa utilización. Podemos destacar entre as súas obras: Colección de cantes flamencos, Cantos populares, Colección de enigmas y adivinanzas.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Machado Álvarez: Autor descoñecido, DemofiloyAnaRuiz (recortada), marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons